No Diario Cultural de onte na RG sorprendeume moito, senón oín mal, que a cantante colaboradora que fai de crítica musical - non entendo como se pode estar en misa e repicando nun panorama musical tan endogámico coma o galego onde tódolos artistas colaboran uns cos outros máis cedo ou máis tarde – descoñecese o significado do titulo do disco que comentaba cando supoño que para o autor debe ter certa relevancia co contido da súa obra. Referíase a el como misterioso ou suxerinte. Tampouco a presentadora sacouna da súa ignorancia cunha pequena aclaración sobre o mesmo dada a súa evidente conexión literaria.
Ás veces penso que lin demasiado e que isto empeza a ser un problema. Penso que estou mudando nun pretensioso intelectual do carallo. E iso non é bo.
Por certo o devandito titulo era TUSITALA.
terça-feira, setembro 27, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Mecachis, e eso que Stevenson é un autor popular, e que hai películas e miniseries sobre a súa vida.
Mecachis eu tamén. E iso que Luis Eduardo Aute, hai anos, popularizou unha canción ( precisamente, Vailima ) contando todas esas cousas,.
Vailima...
Máxica palabra que resume todos os meus soños...pero evos unha longa e vella historia.
Saudos dende o Monte Vaea.
Enviar um comentário