segunda-feira, novembro 21, 2005

¡ Franco, Franco, Franco !

Hai que ter memoria, coñecela nosa historia para non repetila. Calquera rapaz@ nov@ que onte abrise a Voz polo medio e medio levaríase a simpática imaxe dun vello ditador con meigallo, gran arquitecto, galeguista - o que hai que oír- e amante do mar, detallista, que non dicía tacos, de grande resistencia física e urinaria, e con moito sangue frío. Da represión física, moral e intelectual, dos mortos, da delación coma sistema de vida, da tortura sistemática non se dicía nin unha palabra. E o perigo que ten reducila historia a mera anécdota.

4 comentários:

Anónimo disse...

Non esquecer o pasado e lembralo para que sempre se teña presente o que non debe volver a ser, e san. Mesturar memoria con nostalxia e agochala na voraxine dun aniversario, é moi clarificador respecto do que se ve ou se deixa ver nesta sociedade iceberg.

Veloso disse...

Unha das miserias da nosa sociedade é esa que ti sinalas con moito acerto: prescinde do esencial e queda co anecdótico. Seguro que Pinochet é un avó entrañable, probablemente Fidel Castro é un magnífico conversador, din que a Salazar se lle daba moi ben o cultivo de flores... Pero non por iso imos negar a poderosa, triste e terrible verdade. Por fortuna, somos moitos aqueles para os que a palabra Franco sempre será sinónimo de oprobio, de tortura, de estupidez. Un saúdo.

Laurindinha disse...

Aínda non lin A voz de onte, pero tratándose dese xornal non me estraña nada do que me contes...
Moi bo o documental que puxeron onte á noite na 2...

Anónimo disse...

¿Pódense contar chistes de Franco?