terça-feira, setembro 20, 2005

248.713,79 millóns de reais

Se o finado de meu avó o feirante abrise está mañá o xornal e lese esa cifra, pensaría que é imposíbel que haxa no mundo tantos cartos xuntos. Eu diríalle que habelos hainos, que fican todos enterrados no mausoleo do monte Gaiás e el acanearía a cabeza de dereita a esquerda incrédulo, facendo no seu caletre a conta de cantas vacas se poderían mercar con eles.
Dáme arrepío pensar o que se podería ter feito pola cultura e o ensino público deste país cos 248.713,79 millóns de reais.

2 comentários:

Anónimo disse...

A min o k me arrepía é saber como deixaron todo,e sobre todo como o permitimos.Pode parecer entrañable 1 persoa autoritaria,déspota,megalómano e fascista?

Anónimo disse...

Pero agora, ¿qué é o que se pode facer con todo ese mamotreto?. ¿Derrubalo, e que non sirva para nada tanto carto gastado, ou acabalo, gastándose outra chea de "reais" e tentar darlle un uso un pouco máis popular (non confundir con PPopular) do elitista que se lle tiña pensado nun principio?. Vaia marrón que lle queda a este novo goberno.

Alejandro Fedorento