segunda-feira, setembro 26, 2005

Cárceres e mosteiros

Lémbranos hoxe Ferrín no seu artigo do Faro os mosteiros de Samos e Oseira convertidos en niños de fascistas ben agochados baixo as ás protectoras dos cregos.
O outro día nunha carta ao País un historiador lembraba o papel de carcereiras franquistas das monxiñas da orde esa que ven de levar o premio príncipe de asturias da concordia.
Veñen estes dous apuntes case descoñecidos para todos nós a conta do anuncio de converter o vindeiro 2006 en Ano da Memoria e o proxecto de recuperala, sexa na illa de San Simón ou no mausoleo do monte Gaiás. Sirvan estes feitos como exemplo da memoria que temos que recuperar, a que os nosos avós calaron por medo ou vergoña ou hixiene. A outra, a dos vencedores, xa estivo durante corenta anos nos libros e segue nas fachadas de moitas edificios oficiais e igrexas restauradas con fondos públicos.
Luz e taquígrafos xa !!!

1 comentário:

máis alá disse...

Tes razón. Hai outros mortos que tamén están “presentes” e non só os que teñen os nomes nas fachadas das igrexas.