Os nomes dos xogos populares en Galiza son coma os dos peixes que sendo os mesmos varían dunha comarca a outra, dunha parroquia a outra. No meu post anterior eu citaba tres polos nomes que lles daba de nenos e que agora aclaro ante as vosas peticións, aínda que supoño que máis dun xogaría a eles algunha vez:
-A chopa, así lle chamabamos os rapaces de Baión, terra dos meus avós maternos, ao xogo que meu fillo chama a pita e outros chaman a queda ou a cola, un apanda é persigue aos compañeiros ata tocalos a todos, quedando na seguinte rolda o primeiro que foi pillado.
-O peltre, tamén chamado patefa, raia, peletre, chapa, tella, rodela ou mariola, xogo infantil que Cortazar inmortalizou para sempre na súa máis coñecida novela.
-O pincho, unha variedade do anterior que eu xogaba na EXB a carón da vella fábrica de Skol e a sombra da autoestrada, en vez de lanzarse unha tella ao encrucillado cravábase un pincho en cada casa, normalmente un desaparafusador.
Outro día falarei dos tutelos, do marro, do pano e dos partidos de béisbol, si de béisbol, que xogaba no campo da Torre en Vilagarcía.
terça-feira, maio 23, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Pois gracinhas pola explicacion.
Eu xogaba ao pincho ese con baleas dos paraugas.
O peltre ese chamaballe o pello.
Un saudo.
O pincho ven sendo o ché ó que me refería eu no meu comentario anterior.
Enviar um comentário