quinta-feira, maio 25, 2006
Xurado
Teño dende fai uns días sobre a miña mesa os orixinais. Nos seus versos un feixe de poetas puxeron as súas máis fondas arelas, coma fixen eu xa fai máis dun ano. Sinto unha enorme responsabilidade, non me sinto capaz de xulgalos pero teño que facelo. Nunca pensei que estar da outra banda puidera ser tan complexo. Agardo acertar co meu veredicto
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
penso que a primeira condición para acertar cun veredicto é precisamente pensar que a tarefa que tes diante é de unha "enorme responsabilidade". Apertas e moita sorte!
Confía no teu criterio...
Unha aperta de convencimento.
;)
Seguindo co dos xogos populares.
Cando eu era pequeno e vivia en Vigo os rapaces xogabamos ao coito. Mudeime e pasaron os anos e descubrin que habia un coito en castelan ben distinto ao noso "escondite" de rapaces.
Non ten malicia ningunha, o coito e o xogo do escondite. Diciamolo os rapaces do barrio de Couto Alto, A Rola e Ribadavia. Cando fun ao Porrinho con dez anos ali non lle chamaban coito e enterrei o nome ata que apareceu o coito castelan.
Enviar um comentário