O domingo cumpres os corenta e diante do espello láiaste de que o teu corpo non é o que era.
Eu véxote coma sempre, o teu corpo é a esgrevia cartografía da nosas vidas. Cada cavorco, cada congostra, cada engurra desa xeografía deluvada polo devalar dos días reflicte as nosas pequenas epifanías e desgrazas, tódolos camiños destes delongados anos xuntos.
As fortes mans acariñando a ardentía do mar noitarego. O labiríntico embigo no que aniño. Os ollos cegados polo solpor dende aquelas torres hoxe extintas. As pequenas serpes que agatuñan polo ventre lene. Os ombreiros de loitadora sobre os que nos carrexas. A morna fragua das coxas. Os berros da gorxa nodosa cando botaches os fillos ao mundo. O sorriso cómplice cando me ves facer o parvo con eles. A voz crebada que os arrola, que nos rifa ou que nos di que nos quere. O oco vizoso onde as costas rematan...
Diante do espello eu véxote coma sempre, o teu corpo é a esgrevia cartografía das nosas vidas.
sexta-feira, maio 05, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
11 comentários:
Non hai nacionalismo máis fermoso nin patria máis festexable. Parabéns.
Un recorrido en el que todos nos reconocemos, amigo folerpa.
Son as verbas máis fermosas, máis sinceras e máis cargadas de amor que oín pronunciar nunca. Quixera aos 40 ter a alguén así ao meu carón, sería unha paz e unha maxia indescriptible.
Saúdos.
Sinxelamente fermoso, así debería de ser sempre.
Unha aperta
Perdoa Folerpa, pero só me sairon duas palabras cando rematei de ler: ¡Que cabrón!
Felicidades a tua muller polos corenta e a ti por celebralos con ela.
...e pola crítica xeitosa que saiu este sábado en LV.
Parabéns!
fermoso e emocionante, Folerpa. Eu quixera ter 40 se alguén ollara para min dese xeito!
eu tamen quereria alguen que ollara os meus corenta dese xeito,noraboa os dous pola vosa vida xuntos.querovos.
eu tamen quereria alguen que ollara os meus corenta dese xeito,noraboa os dous pola vosa vida xuntos.querovos.
eu tamen quereria alguen que ollara os meus corenta dese xeito,noraboa os dous pola vosa vida xuntos.querovos.
Mui boa felicitacion !. Gustoume e iso que non son o destinatario. Imaxino o que lle gustaria a ela.
Enviar um comentário