O sector do metal está en folga para acadar un convenio colectivo despois de tan só un día de negociación e hoxe pola mañá cortaron a tráfico na cidade. A min pilláronme na rotonda da Calzada e malia explicarlles que en media hora tiña un xuízo no que defendía a un traballador nin sequera me deixaron dar a volta para procurar outro camiño e ademais gañei unha patada na porta do coche do chulo delegado sindical que dirixía o piquete informativo. Perante a indiferenza do policía local que se encolleu de ombreiros cando mirei cara el, renunciei a que o identificaran para denuncialo. Amais dun cento de condutores, no atasco ficaban tamén uns autobuses escolares ateigados de nenos sobreexcitados aos que tampouco deixou pasar. Namentres o pequerrecho tirano da pancada ría e comentaba cos demais o boa que estaba a loura que deixaran pasar no seu coche nos primeiros intres do corte, cando desapareceu os seus compañeiros achegáronse a min e pedíronme desculpas, compartimos uns cigarros e falamos.
Eu a ese milhomes vino moitas veces amparado no balbordo facendo das súas. Vino alporizando ao pelotón de linchamento ou paseando rojos na guerra civil ou agredindo a un detido á entrada de calquera xulgado. Ese home habita entre nós, camiña entre nós, toma ao café con nós, ese home é un covarde.
quarta-feira, maio 03, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
8 comentários:
Outro comentario nazi de folerpa. E xa van uns cantos...
Perdón, cando dixen "nazi" quería decir "señorito chulo fascista".
Carafio !!!! Que ilusión o meu primeiro comentario insultante. Xa aos botaba en falta, agora xa estou a altura do dono do bar que tantos recibe.
Non o vou borrar, vouno deixar aí pendurado, tamén o imprimirei e o enmarcarei. É unha mágoa que non te decidiras antes meu, pois dis que van uns cantos... Alegráchesme o día compañeiro.
Buf, menos mal que fronte a estes "nazis" que andan por aí inducindo a que lles couceen os coches hai xentes de ben, moderadas e respectuosas no falar, coma o tal "no folerpo".
Que razón tes mundo cruel. Non sei se autodenunciarme no xulgado coma inductor dos danos na porta do coche.
Bravo, amigo folerpa, por retratar a estos criminales de la tecla fácil. Un abrazo solidario de un lector contumaz.
A mágoa é que no mundo sindical lle coñezo a algún outro milhomes deses... e si, é un covarde. Ao que está no folerpo: non cre vostede que para ser nazi ou señorito chulo fascista non tería que meter a todos os sindicalistas no mesmo saco? Por certo, como fai algún sindicalista coa patronal...
Grazas opaco e Juan pola vosa solidariedade antifascista.
Enviar um comentário