terça-feira, maio 16, 2006

DLG 2006

Non pensaba falar do día de mañá, un día morto, do que xa dixen o que tiña que dicir fai agora un ano. Namentres a RAG non mude os seus criterios, o día volva a ser lectivo e os periódicos da terra se comprometan e non cubran o expediente só cunha portada en galego (hai que ser miserento para cobrar 1€ polo libro que repartirá algún mañá despois dos moitos cartos chuchados en propaganda institucional e subvencións), non temos nada que celebrar, é un día estragado para as nosas letras .
Eu hoxe pasarei unhas horas cos nenos da escola de meu fillo, falareilles de Simbad, de Sari, de Cunqueiro, das mil e unha noites, de sultáns e princesas, das especias, fareino en galego e agardo que non se aburran moito e que algo prenda nas súas cabeciñas e devagar algún día agrome nas súas verbas. É o meu desexo e a esperanza de todos nós, pois neles fica o futuro da nosa lingua.

3 comentários:

Veloso disse...

Ten que ser unha experiencia fermosísima, sen dúbida. Xa nola contarás. Do día 17 xa está todo dito dende hai ben anos. Esta tarde pregunteime: que pensaría o bo de Manuel Lugrís Freire se vise todo o que está a suceder? Pensaría que adiantamos moito ou decataríase de que todo é hipocrisía? A loita segue o 18.

acedre disse...

Pois que desfrutes do dia e a ver se a luita vai para arriba.

Anónimo disse...

Estimad@ compañeir@ blogueir@:

Permíteme que che noticie que, desde onte e coincidindo co día grande da nosa escrita, tes un novo compañeiro de viaxe no seguinte enderezo:

www.ovixia.blogspot.com

Se queres pasar por alí, xa sabes onde tes a túa casa para ler e opinar sobre literatura galega.

Aproveito, tamén, para felicitarte polo teu blog, que consulto con asiduidade e interese, polo que existe un enlace na miña bitácora para el.

Un saúdo cordial.

O vixía