sexta-feira, maio 19, 2006
Cacharradas
O máis triste do acontecido onte na Deputación de Lugo, amais dos xeitos exhibicionistas do fachendoso fiscal, foi a actitude dos corporativistas funcionarios pola actuación policial á hora de deter aos seus compañeiros e esposalos, “nin que mataran a alguén” chegaron a comentar, e as manifestacións do seu alporizado presidente. Pero o máis grave é ler hoxe na prensa a tódolos opinadores e comentaristas resinados ante a evidencia e afirmando que o asunto era sabido e que non hai que botarse as mans a cabeza. Supoño que isto é un claro exemplo dixo que chaman normalidade democrática.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Creo que este non é o lugar mais apropiado, mais como non atopo o enderezo mail para enviar, colo aquí a invitación para o autor de Alfaias e para os blogueiros en xeral:
Desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra organizamos, para o martes 23 de Maio,ás 16:15, a Resaca das Letras 2006 [RdL06], unha xornada na que buscamos reivindicar a web galega.
Queremos convidarvos a asistir, xa que o interese está asegurado ao falaren Amador Loureiro (dorfun), Berto Yáñez (chuza, aduaneiros), María Yáñez (Vieiros, todonada), Carlos Santiago (Arredemo), Marcus Fernández (codigocero) e Luis Álvarez Pousa (Tempos Novos).
Tamén agradeceriamos que puxesedes unha nota nos vosos blogs a cerca do evento, xa que da asistencia dependerá a continuidade do certame en anos vindeiros.
Un saúdo a animádevos a vir a Pontevedra este martes!
Para calquera cousa: resaka06@gmail.com
Enviar um comentário