Despois de aturar ata a exasperación as mellores xogadas da xornada futbolística comezou por fin na alén da medianoite a programa de libros da TVG, estas foron as miñas impresións.  
- Agardo que eses estantes do decorado ateigados de libros mortos non sexan metáfora ningunha. Tanto custaría enchelos de libros vivos?   
- O formato é o de sempre, algunha innovación non estaría de máis, como sacar os libros a rúa ? Se se recomenda Casas Baratas porque non se pon ao crítico nun deses bloques que aínda quedan polas vilas do pais facendo o seu comentario?     
- Darlle voz aos clubs de lectores é una magnifica achega. 
- A nómina  de críticos  e excelente, en especial a atinada Laura Caveiro, chamándolle ao pan pan e ao viño viño.  
- Penso que se lle da demasiado tempo as traducións, por moi relevantes que sexan para o noso sistema literario, os libros de nós necesitan máis espazo. Amais falar só das vertidas do inglés e o francés é demasiado limitado. Agardo que o alemán, o italiano ou o húngaro se sumen tamén nos próximos programas.    
- Penso que debería engadirse unha sección fixa de poesía e de LIX cun crítico especializado. 
-Romón estivo ben, quizabes semellaba un pouco nervioso con tanto sorriso, pero o seus comentarios e preguntas foron acertados. 
-Como xa dixen o outro día a duración e o horario do programa seguen a parecerme unha vergoña. 
De tódolos xeitos temos que estar moi ledos despois de tantos anos de seca. Agardemos que este libro  fique xa aberto para sempre.
quinta-feira, maio 04, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)



2 comentários:
Estou de acordo co que dis. E rezo aos deuses de todas as mitoloxías para que o programa dure, cando menos, tanto coma Luar.
A mí también me pareció muy "atinada" Laura Caveiro, además de otras cosas (jejeje). Esperemos, amigo folerpa, que nuestros sentidos puedan disfrutarla regularmente en próximos programas.
Enviar um comentário