...que unha biblioteca baleira. Con grande dor veño de contemplala hai uns intres na sala de LIX da Biblioteca . Acudín para fornecerme das novidades máis recentes, teño moito que aprender aínda, e nela ficaba só un rapaz diante dun ordenador mergullado no messenger e tres nenos chineses devolvendo xogos e vídeos.
Algo grave está a fallar nalgures, nas institucións ou na sociedade ou nos pais, cando en pleno período de vacacións do Nadal a biblioteca máis importe da cidade fica baleira de lectores cos libros silandeiros collendo po nos andeis.
E ante esta paisaxe desoladora algúns desnortados aínda non caeron da burra e seguen como paifocos enchéndose a boca con entrar en non sei que ranking mundial de infraestructuras culturais co carallo do mausoleo.
Co sinxelo que sería habilitar un teléfono SALVEMOS A NOSA CULTURA para que os voluntarios do Prestige e dos lumes nos xuntáramos no Monte Gaiás armados de pico e pala e comezar decontado a demolición. Eu apuntaríame o primeiro.
terça-feira, dezembro 26, 2006
sexta-feira, dezembro 22, 2006
Que din os rumorousooooooooooooooos...
Hoxe, no día máis corto do ano, os comisarios do BNG, gardiáns das esencias desta fantástica Nazón de Breogán, andan alporizados por un quítame uns acordes flamencos no himno de Pondal e Veiga.
Hai que ver que escasiña cultura musical me teñen estes coitados defensores da liberdade creativa do artista. Semella que non escoitaron nada alén das históricas gravacións de Alan Lomax.
Pois nada rapaces escribide aos reis, que dende a electrizante versión do Barras e Estrelas de Jimi Hendrix ao God save the queen de Sid Vicious quédavos moito por escoitar.
Por certo, Bo Nadal a todos.
quinta-feira, dezembro 21, 2006
Nin institutos nin eternidades
Fermosísimo artigo o de Fernando Marías, recente premio nacional de LIX, no ABCD desta fin de semana. Recollo deseguido algúns anacos sobre as súas motivacións e relacións coa que el chama noveles para todos os públicos:
En 1998 me encargaron mi primera novela juvenil. La propuesta me sorprendió y también, supongo, me asustó un poco. No tengo hijos y mis sobrinos eran entonces demasiado pequeños para poder usarlos como referencia, así que argumenté la carencia de modelo de lector al que dirigirme para rechazar la oferta. Pero la editora insistió, y logró convencerme con un razonamiento sedoso que resultó irrebatible.
-Sí conoces a un chaval de quince años, y además muy bien: piensa en ti mismo cuando tenías esa edad.
En mis novelas escribo para un solo lector: el joven que fui y espero seguir siendo, con matices, durante muchos años. Y con un solo objetivo: emocionar a ese lector exigente y literalmente único. Para ello me guío únicamente de la intuición -no existe otra fórmula posible-, lo que requiere abandonar los prejuicios y las incómodas normas sociales del mercado literario: no importan los críticos, ni las ventas del libro, ni las opiniones de los colegas. Sólo importa que el lector de quince años, mi lector, pase ávido de página. Soy, entonces, un escritor libre y tranquilo. Un hombre libre y tranquilo.
A veces, encima, ocurre que otros lectores y lectoras de esa edad leen el libro, y les gusta, y te lo hacen saber...
El niño que soy no está solo. Hermosa razón para continuar escribiendo.
Eu escribo para aquel rapaz que vivía detrás da casa do Concello e soñaba con ser escritor. Para aquel rapaz que escribiu unha novela titulada “Las aventuras del Alerta K-5” que hoxe fica perdida para sempre no remol da memoria. Para aquel rapaz que un día fun e que agardo habite aínda dentro de min, nalgún recuncho soleado e feliz.
segunda-feira, dezembro 18, 2006
Xulgados/Juzgados
Na miña cidade hai un censo de 1000 avogados, un arriba un abaixo. Descoñezo cantos deles usan o galego nos seus escritos e nas súas comparecencias perante os xulgados. Malia o que poidan dicir as estatísticas supoño que son moi poucos, creo que me chegarían os dedos das dúas mans para contalos, alomenos nas xurisdicións civil e penal, nos xulgados do social quizabes sexan máis por aquilo dos sindicatos.
Ven este ao caso por que hai uns días, tras un xuízo no Xulgado de Familia, a Xuíza e a Fiscal laiábanse da súa brevidade e da posibilidade de seguir oíndome falar na miña lingua pois eran moi poucos letrados os que o facían.
Non é que a miña oratoria as encandease, é que ambas as dúas estaban a facer o cursiño de galego e necesitaban practicar.

quinta-feira, dezembro 14, 2006
A vítima número sesenta e tres...
...tiña oitenta anos e non recoñeceu as mans que a estrangulaban, esas que tantas veces antes a acariñaran. Tampouco recoñeceu a face do home con bágoas que había tras delas.
A face do home co que tivera tres fillos, co que compartira aquel piso os últimos corenta e cinco anos.
A face do home solitario que a coidaba dende que lle diagnosticaran o alzheimer, a que a erguía e a vestía todos os días.
A face do home que pola mañá e pola tarde a sacaba a rúa polo brazo a pasear polo barrio e que todos os venres a levaba a perruquería para que a peiteasen aínda que ela non se decatase.
A face compasiva do seu asasino, a do arrepiado amante, a do suicida culpable.
Descansen en paz os dous, a vítima número sesenta e tres e o seu home, Mª Josefa e Rafael.

quarta-feira, dezembro 13, 2006
Parte de baixas
Non, se ao final vai ser certo que o blogomillo está morto. Ao longo e incesante parte de baixas únese agora O Rei de Copas. Boa sorte e que descanse en paz.
segunda-feira, dezembro 11, 2006
And the winner is...
...Agustín Fernández Paz. Recoñezo que para min é unha gran honra verme entre os nomeados ao Premio Xosé Neira Vilas da AGE co meu primeiro libro canda ese mestre e xunto cunha novela tan magnífica como a de An Alfaya, non lin a de Eva Mejuto. Pero teño claro que pola súa traxectoria, polo que significa nas nosas letras e por ser a primeira edición ese premio é del.
Ironías do calendario
O ditador vai e morre o Día dos Dereitos Humanos. Benedetti dixo que a morte gañáralle a batalla á xustiza. Que razón tiña.
segunda-feira, dezembro 04, 2006
Fusos Horarios
A VII Asemblea nacional do BNG pasará a historia, segundo os medios nacionais, pola boutade esa do retraso da hora. Unha ollada aos xornais, unha escoita dos faladoiros matutinos da radio e a visión dos informativos confirma esta triste realidade. Unha mágoa.
Todos isto ven a demostrar que estamos a anos luz deles e non só a sesenta minutos como se pretende.
sexta-feira, dezembro 01, 2006
Un país de xenios
Dende o somerxible de Sanjurjo Badía de hai dous séculos ao futbolín de Alexandre Finisterre este é un país de homes afoutos con ideas xeniais, ás veces incomprendidos e algo tolos, pero xenios á fin de contas. .
O último chámase Manuel C.G., ten 51 años e é vecino de Borreiros-Gondomar. El só, guiándose durante un ano por uns planos que conseguirá nun chat da rede, foi quen de construír un submarino artesanal no baixo da súa casa. Os expertos eloxiaron a súa obra afirmando que é digna dun enxeñeiro. Ata eses da DEA que tanto vemos nos filmes americanos se achegaron a Meira para ver tan prodixiosos artefacto.
Supoño que o seu construtor malia o enredo no que se meteu estará orgulloso do seu fillo de eceiro. Non só por estás louvanzas se non por que foi o piloto que no afundiu por causa dun erro seu. O seu traballo e deseño non tiveron a culpa. O dito un xenio.
Eu agardo que un día o seu busto en bronce fique a carón do de Verne e seu polbo no náutico de Vigo.
quinta-feira, novembro 30, 2006
A rúa é deles
Os comerciantes da rúa do Príncipe queren que se prohiba o tránsito de cans, de bicicletas e de monopatíns por ela.
Supoño que o seguinte será tamén prohibir o paso dos cegos cos seus molestos caxatos, dos tolleitos coas súas muletas, dos discapacitados cos súas cadeiras de rodas e tamén dos pais cos carriños dos seus fillos.
E xa postos, tamén o dos marroquís e senegaleses coas súas chilindradas, o dos músicos ambulantes, o dos esmoleiros sen permiso de residencia e o dos castañeiros.
Pois nada que instalen axiña nos seus extremos un valo cunha alfándega e so deixen pasar aos titulares de tarxetas de crédito douradas aos seus exclusivos comercios, e que lles aproveite.
Eu dende logo non penso facer un soa compra máis en ningún local desa rúa tan selecta e selectiva. Non son digno de transitala.

quarta-feira, novembro 29, 2006
segunda-feira, novembro 27, 2006
A Axencia
Nunha mesa do Dezaseis catro rapaces discuten acaloradamente da ópera prima dun novo narrador galego que ven de e saír do prelo hai unhas semanas. A conversa, con argumentos a favor e en contra da obra, estendese ata a sobremesa. Ás veces soben o seu ton de voz o que provoca que todos no comedor saiban do que falan. Unhas mesas máis alá o redactor da sección de cultura dun xornal local decátase da lea literaria e toma nota no seu caderniño, e o derradeiro xornalista galego que aínda non se pasou ás novas tecnoloxías, do autor e do libro de marras. Uns días despois sacará unha recensión no seu diario ao que se unirá tamén a fin de semana seguinte o xornal da competencia, que non pode ser menos, con entrevista ao autor incluída.
O redactor mentres o programa cultural sae ao aire polos altofalantes entretense visitando as bitácoras e os foros literarios a ver que se coce. Hai unha boa polémica armada a conta da primeira novela dun novo narrador galego que non coñecía, ata cincuenta e dous comentarios chegou a contar nun foro. Cando remata o programa achégase ao seu director e coméntalle o asunto. A semana seguinte o autor é entrevistada na radio e uns días despois aparece tamén no programa de libros da televisión pública.
Na Axencia están que dan botes. A promoción saíulles redonda e case sen gastos. Un convite para comer a catro estudantes de filoloxía que deberían reproducir o guión previamente redactado e uns euros que lles cobrou un estudante de informática por deixar unha enxurrada de comentarios nas bitácoras e foros baixo diversos alcuños.
(Isto que remato de contar é un magnífico exemplo das denominadas ESP, estratexias subliminais de promoción. Pode ser ficción ou non. Iso xa é decisión vosa)

sexta-feira, novembro 24, 2006
Luces
Malia a lea na de Martin polas paxiniñas de marras. Non están mal.
Son cinco chámanse Luces, supoño que en lembranza daquelas Luzes de Galiza, e inclúen un ducia dos nosos novísimos na escaleira, non se sabe se subindo ou baixando, un fermoso artigo de O´Rivas sobre a infancia de Picasso en A Coruña e recuperan as botelhas de Suso de Toro.

quinta-feira, novembro 23, 2006
Ámote
Xa vai aló outro ano.
Que se pode dicir? Quizabes: Onde ti vaias, eu vou/onde ti fiques, eu quedo.
Que mercarche ? Vasos, non, mercamos media ducia hai uns días do que xa escachou un. Un batedor, non, aínda resiste o último. Reloxos, non, ninguén pode acoutar o teu tempo. Roupa, non, que queda un mes para as rebaixas, disme. Alfaias, non che van amais agora so pos as que ti fas. Non necesito nada, repites. Que sorte a túa e a miña por estar ao teu carón aínda.
Xa vai aló outro ano.
Que se pode dicir? Quizabes unha sinxela palabra: grazas.

segunda-feira, novembro 20, 2006
PREMIO
Por terceiro ano consecutivo a literatura de nós non foi quen de gañar o Torrente Ballester. O premio da Deputación de A Coruña segue coa súa fuxida mediática cara a adiante e despois da nena de Foz e Barbá premian a Jose Mª Merino. Iso si, fóra das bases, nomearon un finalista galego Xabier López.
Non sei se este feito, a seca de tres anos, é sintomático do estado da nosa literatura ou da composición do xurado do premio.
Non sei se este feito, a seca de tres anos, é sintomático do estado da nosa literatura ou da composición do xurado do premio.
quarta-feira, novembro 15, 2006
Un país de labregos
«Facemos humor para campesiños porque cando menos en Galicia hai uns 200.000, en cambio premios Nobel no país non creo que cheguen a mil, quizais 800 ou 900 como moito».
Victor Fábregas, máis coñecido coma Tucho.
Co fácil que tería sido para Ánxela Bugallo convidar a uns viños a estas dúas grandes eminencias da nosa cultura popular para resolver o problema do mausoleo do Monte Gaiás.
Nin adiar comparecencias parlamentarias, nin convocar comités nin foros nin discusións. Unha tarde de faladoiro con O´Tonecho e O´Tucho diante dunhas cuncas e asunto solucionado. Alguén que presume de coñecer o gusto de 200.000 campesiños, se é que os hai neste país, sóbranlle méritos para tan sinxela xestión cultural.
Por certo para a súa información neste país só houbo un premio nobel, de literatura e escribía en castelán, e fomos sobre 30.000 os que agardamos esta madrugada para oír falar a Ramiro Fonte en Libro Aberto.
A crítica dixo
Sei por Martin que na edición en castelán de Os libros arden mal de Manuel Rivas puxeron na lapela coma aval crítico da obra unha frase súa e outra miña fronte ás das luminarias da crítica galega coma Sandra Faginas, Xulio Valcarcel, Eyré e Fernán Vello.
Non pode negar que o asunto fíxome ilusión — xa podo poñer no meu curriculum que publiquei con Alfaguara aínda que so fose unha frase— e tamén graza.
O que non me gustou nada e que desvelasen a evidente identidade secreta do autor destas alfaias, con Martin non o fixeron. Estou meditando seriamente en formular unha demanda contra a editorial por intromisión ilexítima na miña intimidade.
Martin e eu falamos de solicitar a nosa inclusión na nova sección de crítica literaria da AELG e agardamos tamén que a editorial, que tan libremente usou dos nosos eloxios, se lle vexa una detalliño agora que se achega o Nadal, non é necesario un xamón chega cun paquete coas súas novidades máis recentes, incluíndo a de O´Rivas por suposto.
segunda-feira, novembro 13, 2006
sexta-feira, novembro 10, 2006
quarta-feira, novembro 08, 2006
UN LIBRO MEU, EN CATALÁ
Non so Jaureguizar vai estar ledo. O meu Sari falará para o ano a lingua do Govern d´Entesa. Titulárase Sari, somiador de mars ( se o meu mal catalá non me engana) e editarase na colección La llum del far da editorial Baula.
terça-feira, novembro 07, 2006
Efeméride
Hoxe é un día histórico. Por vez primeira a nosa lingua empregarase de xeito oficial diante do Consello da Unión Europea por un representante político de Galiza.
Agardemos que o telexornal da Galega se abra con esta nova e non co accidente ou o suceso sanguento de costume.
sexta-feira, novembro 03, 2006
Exercicio
Soletreade devagar:
" A, b, c, d, e, f, g, h, i, k, l, m, n, ñ, o , p, q, r, s, t, u ,v, x, z
Iso é todo, aí cabe a historia da literatura. En sete notas, a da música, en sete cores a da pintura."
Ser ou non, de Xurxo Borrazás
A uns poucos fáltanlle letras, notas e cores; a moitos outros sóbranlles ou non saben que facer con elas ou malgástanas de mala maneira.
terça-feira, outubro 31, 2006
sexta-feira, outubro 27, 2006
Recital
Hoxe ás 20:00 horas na Casa do Libro de Vigo e na presentación do libro CATAVENTO DE NEUTRÓS DOMESTICADOS de Manuel María participarei no recital de poesía do autor xunto cos escritores Paula Mariño, Francisco Castro, Ramón Nicolás e o editor, Henrique Alvarellos.
Agardo facelo un pouco mellor que esta semana no Diario Cultural, onde un día tras outro esnaquicei os meus propios versos. Supoño que hoxe na entrevista a cousa irá un pouco mellor.
quarta-feira, outubro 25, 2006
Espello
“Como aqueles homes que non permitían que o lume esmorecese e se encargaban de vixialo e alimentalo, hai tamén sentimentos que avivamos ao longo de moitos anos, porque, malia a súa inutilidade ao non pertencer ao presente, non queremos renunciar a eles, xa que neles cremos que residen principios inamovibles que nos definen como somos ” .
Solimán, de Xesús Fraga
Ás veces no feixe de novidades non sabemos por que un libro queda embaixo. Pasan os meses ata que un día cae de casualidade nas nosas mans, o abrimos, o devoramos e ficamos marabillados pola súa mestría. A min pasoume estes días co Solimán de Xesús Fraga onde nas súas páxinas tinguidas coa nostalxia vinme reflectido na vida de Álvaro, Román e Lucía.
O escachado espello das lembranzas recuperou de socate o seu azougue esmorecido e volvín a transitar polas rúas da miña mocidade, polos tempos do Instituto Sansón de Barcelona, do 1,2,3, do xampú Geniol de ovo, dos primeiros porros, daqueles profes colegas que nos trataban coma iguais sen selo, das vilas que sen decatarnos creceron ao mesmo ritmo ca nós, dos clásicos universais ilustrados, duns avós que eran algo máis que gratuítos canguros por horas, das Hazañas Bélicas e os primeiros corpos espidos do Interviu, daquela noite de transistores e confidencias na cociña do 23F...en fin unha fermosísima e emotiva novela xeracional na que atoparnos e onde o autor cunha prosa melancólica e humilde condúcenos devagar na procura dese solimán imposible que nos libere desa pezoña serodia que percorre as nosas veas.

segunda-feira, outubro 23, 2006
Un bo día
Malia ser luns hoxe foi un bo día.
1º Por fin saio da miña crise creativa, a música volve a soar no meu caletre e os dedos lixeiros baten no teclado compoñendo o fío dunha nova historia.
2º Un lector deixa unha mensaxe neste blogue, respóndolle para ver que quere. Unha sinxela felicitación tras a lectura dos meus versos chineses chégame no correo e éncheme de ledicia e orgullo. Moitas grazas.
3º Kavafinho despois de case un ano de singradura arribando a illas, badías e portos que os seus ollos ignoraban, chega a Itaca e déixanos dúas gorentosas e fermosas alfaias da súa arte ( Outra gralla fundamental do SLG: a ausencia dunha tradución das Fleurs du mal de Baudelaire)
O dito, hoxe foi un bo día.

sexta-feira, outubro 20, 2006
Cartas do terceiro día
Esta semana no Diario Cultural da RadioGalega as asoballadas labregas chinesas da prefectura de Jiang Yong, Provincia de Hunam, falaran pola miña voz.
quinta-feira, outubro 19, 2006
Barreiro vs. Reigosa
Onte en Libro Aberto asistimos a un interesante combate literario. O Presidente acusou ao escritor, entre outras cousas, de falta de alicerces históricos, de escita apresurada, de inconcreción xeográfica e temporal da obra. O autor un chisco aquelado polos ataques zafouse como puido e cada gralla do Presidente era para el unha decisión intencionada de escritor, chegoiu incluso a gabarse nunha das súas respostas de que o presidente non o tomase por un ignorante. O presentador mentres tanto asistía co seu perenne sorriso a lea dos titáns e eu ficaba perplexo do outro lado de televisor.
quarta-feira, outubro 18, 2006
sexta-feira, outubro 13, 2006
Orellas
Ao fío deste fermoso post de Brétemas, lembro, non a miña primeira libraría, senón a miña primeira biblioteca, fóra da do meu pai. Ficaba na traseira da Casa do Concello e os días de chuvia cando os nenos do barrio non podíamos xogar nas rúas refuxiabámonos nela e remexiamos nos seus andeis. Alí lin os meus primeiros comics de Tintín para pasar despois aos clásicos da aventura, Verne, Salgari, London..., que lía por entregas coa cadencia que marcaba a chuvieira invernal. Lémbrome tamén das moitas veces que a muller que nos coidaba na casa entrou na miña procura dando berros naquela sala silandeira pois xa era hora de cear. Máis dunha vez me sacou da orella, orella que nun acto reflexo, nun pequeno aceno arreo repetido todos estes anos entre libros, aínda acariño hoxe cando leo.
quarta-feira, outubro 11, 2006
O fío de Ariadna
Levo dende abril sen escribir, ou mellor dito levo cinco meses sen rematar nada do que comezo.
Empecei cunha novela xuvenil que deixei abandonada despois de ter a historia e a estrutura, pero non fun quen de atopar o fío que me levara a rematala. Seguín con outra que partía dun vello relato e volvín a embarrancar no terceiro capitulo sen atopar o fío, esa musica que me levase co seu ritmo ata o final. Comezo a estar inquedo e a pensar que estou afectado dalgunha síndrome desas que de cando en vez afectan aos escritores. Non o sei. E ademais, xa case me esquecía, o venres cumpro trinta e oito anos. En fin...agardo que devagar supere esta parálise e atope o fío que me permita saír deste labirinto de silencios, polo meu ben e polo do meu editor.
Polo menos hoxe recibín unha chamada do meu benquerido Martin que me deu unha gran alegría. Algún arroutado profesor dun instituto da Coruña puxo o meu Sari, soñador de mares coma lectura aos seus alumnos.

terça-feira, outubro 10, 2006
A arte da pintura
Bertold Brecht coñeceu a un home que para mostrarlle a súa casa aos demais levaba sempre un ladrillo con el.
O heterodoxo pintor local pasea polas noites entre as cabichas cun dos seus lenzos, gabándose na barra dos bares co descomunal ego dun xenio calquera da pintura universal.
Na súa derradeira exposición decepcionou ao seu critico máis entusiasta, a súa mellor obra, “Autorretrato vendado”, homenaxe suponse a aquel famoso cadro do holandés coa orella cortada, é moito máis pequeno do que este lembra das súas ambulantes xiras nocturnas. Interrogado por esa circunstancia, o artista resposta que lle regalaron o marco e era unha magoa desperdicialo.
segunda-feira, outubro 09, 2006
Intimidade
Sentada aos pés da cama en roupa interior
ás súas costas sécolle o seu longo cabelo
namentres asubío devagar
I had a farm in africa
/
ás súas costas sécolle o seu longo cabelo
namentres asubío devagar
I had a farm in africa
/
sexta-feira, outubro 06, 2006
quinta-feira, outubro 05, 2006
A lingua dos demais
Ao fío do post de hoxe de Veloso cóntovos esta triste historia.
Na magnífica conferencia da profesora Ofelia Rey Castro na Fundación CaixaGalicia o pasado martes sobre os libros na Idade Moderna en Galicia ocorreu ao comezo da mesma un feito incrible. A presentadora do acto ante o escaso público asistente, só 14 persoas, estrañouse e comentou que houbera problemas na convocatoria por correo electrónico que moitos recibiran ese mesmo día e desculpouse coa conferenciante. Unha señora das primeiras filas comentou que moitos dos convocados, supoño que vellas e vellos podentes coma ela cos seus cartos a prazo fixo en Caixagalicia, non acudiran a mesma por pensar que ía ser impartida en galego. A presentadora —menos mal— manifestou que non cría que tal feito botase a xente para atrás e achacou o escaso éxito ao mal tempo e a choiva, aínda que engadiu que estaba ben sabelo e que nas próximas convocatorias deixaríase claro este asunto para evitar malentendidos.
A profesora impartiu a súa conferencia en castelán mais cando lle fixen algunhas preguntas respondeume con toda a naturalidade nun fermoso galego namentres a podente señora xiraba a súa cabeza e fitaba cara a min con xesto aquelado.

terça-feira, outubro 03, 2006
Medrar
O sábado pola mañá á hora de vestila miña filla porfiou en por os seus pantalóns favoritos, aqueles de listas de cores que tanto puxera ao comezo do verán. Por moito que lle dixen que medrara moito e que lle quedaban pequenos ela teimou en poñelos malia evidencia. Tras varios infrutuosos intentos deuse por vencida e chorou desconsolada durante un bo anaco. Despois pasou todo o día carrexando por todos os recunchos da casa os malditos pantalóns sen esquecelos en ningures. De cando en vez fitábaos e un meco tristeiro agromaba na súa face. Con so dous anos era consciente de que perdera algo, non sabía moi ben o que, mais do que estaba segura era de que non o recuperaría xamais.
segunda-feira, outubro 02, 2006
Soño imposíbel
Que fermoso tería sido que hoxe, no día mundial da arquitectura, os dous membros do BB (Binomio Bifronte) que nos malgoberna apertaran á vez o botón vermello e voaran para sempre polos aires toldados de Compostela os anacos do mausoleo do monte Gaiás, e deixar despois alí os refugallos coma testemuña desa tolería faraónica. Pero non, esa maldita carreira comecartos segue cara a adiante e ninguén ten a coraxe política de detela.
Que fermoso tería sido que hoxe, no día mundial da arquitectura...
sexta-feira, setembro 29, 2006
Rio de Janeiro
Devagar, semella que o noso sitema literario vai normalizándose. O mellor exemplo é este asunto de autoplaxio que hoxe mesmo salienta a prensa.
quinta-feira, setembro 28, 2006
Colonialismo
Constrúen as nosas casas, véndenolas e dannos a luz, e esta paso tamén o gas e a auga. Contaminan as nosas costas, os nosos ríos e o noso aire. Urbanizan a paisaxe a golpe de adosados e acoitelan o horizonte coas súas tarabelas, pero todos eles pagan os seus impostos na capital do reino. Isto vai camiño dun monopolio, do grande ollo que dende as bancadas dun estadio controla as nosas vidas. Si xa sei, que si as leis do libre mercado, que si os dereitos dos accionistas e demáis parolada económica, pero eu xa comezo a estar farto.
terça-feira, setembro 26, 2006
Oito quilos
No mesmo día en que a institución máis antidemocrática e anacrónica anunciaba a chegada dun novo membro,un neno de dous anos morría de fame pesando so seis quilos. Feitos estes que poñen en evidencia a grande distancia que hai entre un pazo real e un humilde casa de Ponteareas. Ninguén fixo nada, nin autoridades, nin familiares, nin pediatras, ninguén. Iso si na prensa os veciños afirman agora que os irmáns non estaban escolarizados, cando so é obrigatorio a partir dos seis anos, nin bautizados, vaia pecado máis grande, por desleixo dos pais, e que ademais estaban delgados e andaban case espidos pola rúa. Mais ninguén fixo nada.
Miña filla con dous anos pesaba hoxe mesmo 14 quilos. Oito quilos de diferenza. Oitos quilos que marcan a distancia entre a vida e a morte. Oito quilos.
Miña filla con dous anos pesaba hoxe mesmo 14 quilos. Oito quilos de diferenza. Oitos quilos que marcan a distancia entre a vida e a morte. Oito quilos.
segunda-feira, setembro 25, 2006
NUSHU
Coincidindo coa edición das miñas Cartas do terceiro día ven de publicarse en castelán unha novela dunha autora francesa que concorda no seu argumento co meu poemario e que as casualidades da vida fan que saian do prelo á vez.
Ambas obras falan sobre o nushu, derradeira e única linguaxe de xénero coñecida, escrita polas labregas dunha provincia do interior da china dende tempo inmemorial. Eu cheguei ata esta historia de resistencia feminina pola lectura no xornal da nova da morte da súa derradeira custodia Yang Huanyi.
Esta era unha linguaxe secreta coñecida só polas mulleres a través da que compartían a súas esperanzas, as súas alegrías e as súas moitas penas da súa vida de servas. Daquela so os homes aprendían a ler e a escribir o chinés pois as mulleres tíñano prohibido así que desenrolaron dende fai séculos o seu propio modo de comunicarse, transmitíndoo dunha xeración a outra, dunha muller a outra.
As rapazas xuramentábanse entre elas, formando as súas propias e secretas irmandades e cando unha delas marchaba da casa dos seu pais para a casa do seu home nun casorio arranxado, tres días despois do convite entregábanlle un nushu (tedes un na foto), un pequeno diario escrito na súa propia linguaxe ao que chamaban o libro do terceiro día. Nel súa nai e as amigas expresaban nas súas primeiras follas a súa dor pola perda e dábanlle consellos e avíos para a vida de casada que lle esperaba, o resto deixábase en branco para que fora ela a que escribira as súas impresións que anos despois legaría a súa filla.
E así eu escribín os meus versos, o meu propio nushu, e tratei de poñerme no pelexo desa nai e desas amigas para liberarme así dunha fonda frustración persoal que non ven ao caso contar.
Supoño que agora con esa novela que de seguro se convertera nun bestseller, alguén botará un sorriso cómplice ao ver o meu libro no andel de novidades, pero estas son as miserias ou as grandezas da vida editorial
sexta-feira, setembro 22, 2006
Estamos famentos...
..e non nos queren dar de comer. Na madrugada do xoves namentres o Gordon achegábase as nosas costas máis de 20.000 letraferidos noitaregos oíamos a Suso de Toro falar no Libro Aberto. A esa hora pornográfica e clandestina da que xa se queixaron Naúfrago e Brétemas o programa tivo unha audiencia dun 11,6%.
A nosa literatura e a nosa cultura queren un horario mellor, están na obriga de dárnolo e nos temos o dereito de esixilo, así que hai que facer algo.
Asolaguemos o seu servidor coas nosas peticións, o tempo de chorar xa pasou é tempo de actuar.
terça-feira, setembro 19, 2006
Presentación
Por primeira vez, para todo hai unha primeira vez na vida,escribo dende un ciber pois dende o xoves un troiano deixou o meu ordenador e a conexión á rede ao garete.
Este xoves 21 de setembro as 20.00 horas na Casa do Libro de Vigo presentarei o meu poemario CARTAS DO TERCEIRO DÍA, Espiral Maior nº 170, na compaña do editor Miguel Anxo Fernán Vello e do escritor Franscisco Castro, quedades convidados. Porén supoño que os máis temerosos e ante os refugallos do ciclón George que se achegan quedaredes na casa e os máis arriscados acudiredes ao recital de Caneiro. Estade tranquilos que non vou pasar lista, a fin de contas xa sabedes o que opina Jaureguizar das presentacións dos libros, e algo de razón non lle felta, come sempre.

quinta-feira, setembro 14, 2006
Obradoiro
Farto de que as actividades extraescolares do colexio sexan unicamente deportivas - fútbol, patinaxe, kun-fu e piscina- ofrecinme moi amablemente coma membro da ANPA a impartir todos os venres aos rapaces do colexio do meu fillo unha actividade diferente.
A miña idea é comezar cun sinxelo obradoiro de creación literaria, tanto oral como escrita, para que logo cada neno escriba o súa propia narración ou poemas, con ilustracións se quere, e despois que eles mesmos as encadernen para que ao remate cada un se leve o seu propio libro baixo o brazo. Asemade tratarei de escribir con eles un sinxela obra de teatro para representala en fin de curso.
A idea pode parecer un chisco romántica nestes tempos de videoconsolas e descoñezo tanto se sairá adiante como a miña capacidade pedagóxica ou a ilusión que lles poda facer aos nenos ter un libro de seu ou representar unha obra.
Agardo tamén poder abusar da amizade dalgún escritor e editor amigo para que me boten un cabo.
En fin, arroutadas que ten un ás veces e que non sabe a onde o levaran e das que se arrepinte nada máis dicilas, mais supoño que estas pucharcas onde un se mete sen pensalo son as que fan atractiva a vida.
Xa vos irei contando.

terça-feira, setembro 12, 2006
Promoción e tradución
No suplemento cultural do ABC desta fin de semana a editorial LUMEN promove a versión castelán do libro de Teresa Moure cun anuncio coa lapela do libro e o seguinte texto:
Hierba Mora
1.f.Planta que comparte con la literatura el poder de mitigar el dolor y con las mujeres la fama de ser tóxicas y muy inclinadas a las malas pasiones.
Una novela que enamora.
Amais do desacertado do texto, con ripio incluído, coa tradución literal ao castelán do titulo pérdese todo o arrecendo máxico do orixinal e máis semella unha novela de ambiente andaluz con coplas touros e paixóns desaforadas. Desmerece asemade á ilustración da cuberta, un escorzo dun espido feminino de inspiración prerrafaelista ao que mellor lle acaería coma titulo o nome dunha das súas protagonistas: Helene Jens.
Actualización 25/9/06: Xa saiu a primera crítica do libro na prensa de Madrid.
segunda-feira, setembro 11, 2006
Cabodano
Coma hoxe todos os medios falaran dos mortos das torres xemelgas, desas novas vítimas universais da infamia, eu quero lembrarme aquí de todos aqueles que nos últimos cinco anos morreron e Iraq e Afganistán e moi especialmente daqueles que esmorecen en vida en Guantánamo e neses cárceres secretos espallados por todo o mundo,
Vai por todos eles e tamén polo meu fillo que hoxe comezou a primaria coa inquedanza no seu corpo miudo dando así un novo en gran paso na súa andaina polos rueiros da vida.
Vai por todos eles e tamén polo meu fillo que hoxe comezou a primaria coa inquedanza no seu corpo miudo dando así un novo en gran paso na súa andaina polos rueiros da vida.
sexta-feira, setembro 08, 2006
Paraíso ou Inferno
Onte, e xa que o meu benquerido Brétemas non me convidou a visitala hai uns meses, levamos aos nenos a illa de San Simón coma festa de remate do verán. O traballo feito por Portela é impresionante, respectuoso co entorno e coa memoria.
No grupo eramos doce, seis rapaces e seis adultos, e a nosa percepción da visita foi ben distinta. Os nenos ignorantes da terra ensanguentada que pisaban quedaron marabillados e pretendían quedar a durmir na illa. Aos pais conscientes do pasado e a medida que liamos os cartaces da exposición foinos asolagando unha certa sensación inquedanza que trocou nun arrepío ante o paredón ou as pegadas en granito dos ausentes.
En ocasións coma esta boto en falta ter a ollada limpa e inocente do meu fillo.

segunda-feira, setembro 04, 2006
Umia
O río da miña infancia morreu, acugulado de lembranzas, berros e chanzas de verán. A morte turquesa percorre as súas augas toldadas coma un andazo silandeiro. En Baión, onde noutrora as mulleres poñían a roupa a clarear nun infindo leito branco, as escavadoras remexen a terra nun van intento de deter o fado inevitábel. Baixo o vizoso carballo dende onde nos mergullabamos, os peixes aboian quedos, mortos baixo as poutas do progreso. Nas milleiras onde xogabamos ás agachadas fican as mazarocas esmagadas polas gabias da nova tubaxe.
A paisaxe da miña infancia devagar, ano a ano, desfeita tras desfeita, vai mudando nunha natureza morta que so fica xa viva na miña memoria.
sexta-feira, setembro 01, 2006
Regreso
Levaba exactamente trinta e un días sen tocar un teclado, creo que é o maior período de abstinencia da miña vida, pero hoxe por fin regresei. Namentres me poño o día de todos os posts atrasados dos amigos e das ultima leas virtuais do noso SLN, Caneiro again, deixarei aquí algunhas anotacións do meu caderno de vacacións neste verán de batelumes, cinza e fabulosas conspiracións. O luns comezo. Un saúdo a todos.
segunda-feira, julho 31, 2006
Equipaxe de verán
Xa esta todo preparado. Mañá acudirei ao concerto dos Pet Shop Boys (o seu Behaviour segue a ser unha peza fundamental que rematou co hedonismo existencial dos oitenta) e ao día seguinte partiremos para os montes da Paradanta. Un mes lonxe do mundanal ruído, sen prensa, sen cobertura televisiva nin virtual nin case telefónica.
As maletas van ateigadas de libros e filmes. Un feixe de novelas de CiFI de Minotauro e de comics, a ultima de Bret Easton Ellis (todos temos unha paixón literaria inconfesábel e esta é a miña xunto algunha outra que prefiro calar), algúns ensaios e monografías para documentarme para un futuro proxecto. Recuperar en DVD algúns filmes fundamentais que vos recomendo: La Belle Noiseuse de Rivette, A dobre vida de Verónica de Kieslowski, In the mood for love de Wong Kar-Wai e uns grolos xaponeses de Mizoguchi e Ozu.
Vou tamén co propósito de rematar ¡a man! (o deficiente subministro eléctrico non da para ordenadores) unha novela de LIX que lle prometín a meu benquerido editor Nacho Chao para o outono, e da que so levo seis páxinas.
Quedará case todo sen facer, ler ou ver, e devecido entregareime ao dolce farniente cos nenos e súa nai. Conversas, paseos, xogos, algunhas visitas de amigos, procurar vagalumes para que os vexa meu fillo...Vivir. Facede o mesmo e gozade. En setembro falamos.

quarta-feira, julho 26, 2006
Tamén tería moitas cousas das que falar hoxe...
Da desfeita do Líbano, deses cincuenta e un náufragos rexeitados por todos durante unha semana para a nosa vergoña, da perda dun mundo rural que conformou a nosa identidade como país e que hoxe esmorece coma o remol dunha caharela. Pero non, teño que falar outra vez de OS LIBROS despois de catorce días de lectura e relectura compulsiva.
Podería poñerme pedante e falar de que estamos ante o feito máis senlleiro das nosas letras nos últimos tempos. De que estamos perante un macrotexto de referencia de múltiples rexistros e niveis de lectura, fronte a primeira obra narrativa realmente postmoderna da nosa literatura, por que non? fronte a GNG (Gran Novela Galega) que moitos agardaban cos coitelos na boca e agora fican calados e resinados ante a súa desmesura e mestría.Pero non, voume deixar levar pola emoción e as impresións de lector e nada máis.
O´Rivas, como Ariadna, desenguedella o seu nobelo e guíanos devagar por ese labirinto máxico da Coruña. Cidade-Babel. Cidade-Ostra. Cidade de espellos que reflicte nas rúas lousadas, nas augas da dársena, no ceo toldado, todos as súas voces, dos de vivos e de mortos, dos idos e vidos, dos que xamais marcharon e renunciaron á loita.
Mulleres que carrexan sobre as súas cabezas as maquinas de coser coas que o zurcir o pano da nosa memoria co fío invisíbel das lembranzas, das verbas dos gañadores e dos perdedores, das ignominias e das fazañas.
A forza dual das palabras, por un lado elixir polo outro veleno, que conforma e deforma aos homes e as mulleres.
O poder redentor dos libros, do sangue de tinta que a cachón verten no sumidoiro da historia.
A Curtis, Chelo Vidal, O Manobrador de Guindastres, Samso, Arturo da Silva, Casares Quiroga, Ren, Polca, Olinda, Dez, Leica, Ó, O Mergullador Fosforescente, Vitola, Catia, Gabriel, A rapza dos Xornais Manlle, Doutor Montevideo, Vidal, Avó Mairarí ... e a tantos e tantos outros: grazas, grazas, grazas.
Se algún día, neste tempo ignominioso que vivimos, alguén volvese queimar libros eu achegaríame a esa fogueira e queimaría as mans por salvar das lapas esta obra e a todas as voces, derrotas, arelas, renuncias e soños que nela se agochan. Pagaría a pena
Re-existencia
sexta-feira, julho 21, 2006
Ouleo (1956-2006)
“Vin as mellores mentes da miña xeración estragadas pola
tolemia, famentas histéricas espidas,
agatuñando polas rúas dos negros na mañanciña
procurando un chute doente,
hippsters con cabeza de anxo ardendo pola vella e celestial
conexión cara á estrelada dínamo da maquinaria da noite...”
By Allen Ginsberg
51 st Printing: September 1994
765.000 copies in print
City Lights Books
261 Columbus Avenue, San Francisco , CA 94133

quinta-feira, julho 13, 2006
Terras Lonxanas
¿Por que non te fías dos homes?
Porque unha vez fieime dun
El non é James Stewart
aínda que leve un stetson
e un lazo texano no pescozo.
Ela tampouco é Ruth Roman
pero si unha rapaza de salón
que serve bourbon aos forasteiros.
Non están en Dogde City
nin ó oeste do río Pecos
senón a saída de Padrón
nunha lóbrega barra americana.
a John Balan
Porque unha vez fieime dun
El non é James Stewart
aínda que leve un stetson
e un lazo texano no pescozo.
Ela tampouco é Ruth Roman
pero si unha rapaza de salón
que serve bourbon aos forasteiros.
Non están en Dogde City
nin ó oeste do río Pecos
senón a saída de Padrón
nunha lóbrega barra americana.
a John Balan
segunda-feira, julho 10, 2006
Tería moitas cousas das que falar hoxe...
De que me sinto ugandés. Da desfeita que uns desalmados fixeron na Parauta, mudando un pequeno amazonas vizoso nun ermo desolado, estragando o leito do río, derrubando o muíño, e todo pola madeira duns carballos case centenarios.
Pero non, teño que falar de Os Libros. Merquei a novela o venres pola tarde na feira para meu pai e o seu autor debuxou nela unha fermosa adicatoria. Folleeina o venres á noite sen moito convencemento. E aquí estou, o luns, esfameado e cun terzo devorado a trabadas. Eu que abandonara a O´Rivas fai un década teño que confesar que estou enguedellado na arañeira das súas verbas. Esfera Armilar ou poliedro que reflicte nas súas moitas faces libros e acenos, vitorias e derrotas. A Coruña coma o paraíso perdido, coma Macondo, coma Bomarco, coma o ceo e o inferno de Dante.
Emocioneime cando os dous mozos foxen as alancadas da fogueira... co rapaz que escribe no seu maxín Ana Karenina nos 14 días de travesía transoceánica...cos paraugas que voan cara ao mar...co vello e achacoso vendedor de biblias...cos fíos das mil e unha historias que conforman devagar esta madeixa de tinta, sangue, lume e esperanza.

sexta-feira, julho 07, 2006
DIÁSPORA
Segundo un estudo da CIG máis de 40.000 mozos, a meirande parte entre 25 e 35 anos e galegofalantes, emigraron ás Canarias nos últimos dez anos, máis de 4.000 mozos ao ano, case 11 ao día. Un andazo silandeiro que está a estragar o país e do que ninguén fala e ao que ninguén quere poñer remedio.
terça-feira, julho 04, 2006
Feira do libro
O hipermercado onde onte fixemos a compra únese tamén a iniciativa cultural e celebra a súa particular feira do libro. Nun dos seus corredores, un moza de uniforme diante dunha balanza vende libros (de autoaxuda, superación persoal, esoterismo, enigmas varios e clásicos universais) ao peso. O prezo do quilo varía, hainos a cinco, oito e doce euros.
sexta-feira, junho 30, 2006
¡ PLAN CONCILIA PARA AS NARRADORAS GALEGAS XA!
“...malia os avances conseguidos, calquera pode constatar nos andeis das librarías que a presenza de narradoras segue a ser inferior á das poetisas e á dos novos narradores que, a través dos permiso de narrativa, se van incorporando ao sistema literario galego. E se as mulleres xa dispoñen de tempo material e teñen un bo dominio da lingua escrita, haberá que buscar outras razóns que expliquen por que este tipo de obras escritas en feminino son tan escasas. Non será que os valores de xénero seguen modulando os comportamentos sociais e familiares, e que as mulleres aínda soportan a maior carga de traballo na familia? As escritoras galegas, como en xeral as doutros países, deben ser conscientes de que polo de agora terán maiores esixencias e máis traballo ca os seus colegas masculinos, O reto é grande porque, sen renunciaren aos seus intereses como mulleres e á súa profesión, deben facer obras que estimulen á lectura a un amplo abano de lectores e de lectoras cons gustos diversos.”
Camiño Noia, Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos, 2004, pax. 199.
Camiño Noia, Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos, 2004, pax. 199.
quarta-feira, junho 28, 2006
Es que yo trabajo todo el día
Nos meus dous anos á fronte da ANPA da escola infantil do meu fillo esta foi a frase coa que a maioría das nais e pais desculparon a súa nula implicación na educación dos seus fillos. Sobre un censo de 40 nenos cóntanse cos dedos dunha man as nais e pais que contribuíron co seu tempo, traballo e ideas a facer da escola algo máis que un aparcadoiro de rapaces, todos eles por suposto, fican no paro e teñen tempo de sobra para estas caralladas, coma me dixo algún dos desinteresados. A maioría pasaron e outros ademais de pasar aínda protestaron, polo uso do galego, polo tipo de actividades, pola talla ou a cor das camisetas...en fin unha autentica desolación.
A frase converteuse nun retrouso co que xustificar a súa inactividade, unha patente de corso coa que xustificar o seu desleixo pola educación dos nenos. Supoño que esta mesma frase lla espetaran aos seus fillos o día de mañá cando xurda algún problema ou lles fagan algunha recriminación polo seu labor.
(En homenaxe a Marta Mata e a todo os defensores da escola pública)

segunda-feira, junho 26, 2006
Por que son escritor ?
Como di Náufrago, non teño nin idea, pero son escritor dende sempre.
Os meus primeiros relatos deberon ser aló por quinto de EXB. Era unha saga titulada "As aventuras do Alerta K-5", tratábase das aventuras do barco do titulo máis o seu capitán polos setes mares. Do comezo ao final era todo un misceláneo plaxio, tanto textos coma ilustracións, dos moitos libros lidos de London, Melville , Salgari e Stevenson. Esta obra fica xa perdida para sempre.
Pasaron despois moitos ano en que sendo escritor non escribía, ocupado como estaba en ler, ver e oír o que outros escribían, rodaban ou compoñían.
Espertei novamente no instituto, en 1º ou 2º de BUP, e presenteime o ao concurso de poesía e relatos que se organizaba co gallo do día das letras galegas cando aínda era electivo. Gañei o 2º premio co conto “Arturofrenia” e o primeiro en poesía. Estas obras non están perdidas e aínda as conservo nun cartafol na casa.
Outra vez pasaron moitos anos en que sendo escritor non escribía, ocupado como estaba nas esmorgas santiaguesas e en ler, ver e oír máis cousas que outros escribían, rodaban ou compoñían.
Con sinceridade, eu non pretendo entender o mundo a través da palabra. O que trato, creo, e crear o meu propio mundo segundo os meus designios e que os demais entren nel e o gocen. Non sei, recoñezo que escribo por necesidade vital, e tiro para adiante sen pensar moito no fin do que escribo. Iso, penso e responsabilidade de cada lector, do que lle sirva a cada un deles. Exemplo disto penso que é o feito de que non lin os dous libros que publiquei ata o de agora, no momento que fican editados xa non me pertencen, é máis ata sinto certo pudor cando os folleo e leo algo solto, non recoñezo ao escritor. Eu fixen de mensaxeiro e non me corresponde a min recibir a mensaxe e descifrala iso é función dos lectores.
Así que supoño que por todo iso debe de ser que son escritor.

sexta-feira, junho 23, 2006
A noite dos fachucos
Onte na presentación en Carral case monopolicei o acto. Coma voceiro do xurado louvei o poemario de Isidro Novo, que viña ademais de gañar o SanClemente e que nos recitou uns versos, para despois presentar o meu. A edición quedou ben fermosa coa reprodución na cuberta dun gravado chinés coas súas características tipografías. Despois na cea, a que se uniu Anxeles Pena ausente no acto por outro compromiso, pasámolo pipa ata ben entrada a madrugada na compaña do Alcalde, Florinda a concelleira de Cultura, Isa a bibliotecaria e Carlos o técnico de cultura. Non teño máis que agradecementos para o Concello polo seu trato e cariño, o ano que ven coa décima convocatoria do premio agardan facer algo especial e ao mellor xuntan a todos os gañadores con recital incluído, xa veremos.
A cea no Mesón Herves foi fantástica, acompañada por un viño galego que dará que falar, o tinto de Abadía de Gomariz colleita do 2004, unhas sobremesas caseiras e unhas gorentosas cereixas do Jerte grandes coma puños. A visita ao mesón non só merece a pena pola súa cociña e o bo facer do seu dono, grande catador de viños e cigarros, no exterior do comedor con vistas ao val hai un cacto xigantesco de máis de cincuenta anos cuxas flores ábrense co solpor e péchanse co abrente, un verdadeiro espectáculo. Despois de soprar no alcoholímetro de peto de Isidro e ver cos meus niveis entraban dentro do aceptábel, emprendín o regreso a Vigo.
Pola autoestrada coas luces longas do coche acoitelando a noite cruceime con moitos trailers que carrexaban o remol do día esquecido e namentres na radio soaban vellas cancións da psicodelia dos sesenta sentinme fondamente feliz.

quarta-feira, junho 21, 2006
Presentación
Mañá día 22 de xuño na Biblioteca Municipal de Carral ás 20 horas procederase a entrega do premio de poesía do Concello de Carral 2006 a Isidro Novo, o mesmo acto servirá para presentar o meu libro Cartas do terceiro día, gañador da edición do 2005 deste certame. Qudades todos convidados.
terça-feira, junho 20, 2006
A República dos blogueiros IV
No día en que a estupidez humana acadou unhas das súas máis altas curotas, o rolda de blogueiros gañadores de certames interrómpese momentaneamente co García Barros que ven de gañar Manuel Veiga, periodista, cunha novela de fermoso título: Lois e Elena buscándose na tormenta. Moitos parabéns para el.
Co devalar do ano xa só queda o Lueiro Rey á procura de gañador, do Torrente Ballester xa nin falo, pois leva un par de anos perdido por Castela na procura dun perfil de escritor sobradamente preparado, aínda que estaría ben que un blogueiro o recuperase para a nosa lingua.

segunda-feira, junho 19, 2006
Abstinencia
Hoxe, despois de máis dun mes de non escribir nada, comecei unha nova historia. Tecleei neste mesmo ordenador no que agora escribo as primeiras 236 palabras. Trátase dunha obra para rapaces, que visto os resultados recentes doutras das miñas xeiras, debe ser o meu. Descoñezo a onde me vai levar, coma sempre non tracei plan algún, teño un comezo e un final pero ignoro o revirado camiño que os ten que conectar.
Sempre que estou no medio de dous proxectos asáltanme as dúbidas e síntome baldeiro coma se non tivese nada máis dentro. Despois devagar, e tras días de matinacións, vou trazando no caletre as liñas que me guían cara a un personaxe ou unha historia. Recoñezo que normalmente son coma pequenos lóstregos visuais, coma nun filme vexo moitas escenas, ata que nunha delas atopo o encadre perfecto de onde agromará a historia. Supoño que como dicía a canción todo na vida é cine e o soños cine son, e a literaura tamén, engadiría eu.

sexta-feira, junho 16, 2006
quarta-feira, junho 14, 2006
J.L.B. (1899-1986)
“ Un home proponse a tarefa de debuxar o mundo. Ao longo dos anos poboa un espazo con imaxes de provincias de reinos, de montañas, de badías, de naves, de illas, de peixes, de habitacións, de instrumentos, de astros, de cabalos e de persoas. Pouco antes de morrer, descobre que ese paciente labirinto de liñas traza a imaxe da súa cara.”
Bos Aires, 31 de outubro de 1960.
Bos Aires, 31 de outubro de 1960.
terça-feira, junho 13, 2006
Sudokus
Levo uns meses facendo unha pequena enquisa sobre os hábitos de lectura nos transportes públicos, neste caso o vitrasa no que moitos días e durante media hora atraveso a cidade de casa aos xulgados. A mesma non ten vocación científica ningunha, os meus coñecementos de estatística son nulos, pero entendo que é reveladora de moitos comportamentos. Denantes de ofrecer os datos quero destacar un feito arrepiante: os cadernos de sudokus son un verdadeiro andazo que están a decimar as ringleiras de lectores. Pasaxeiros que antes eran habituais lectores pasáronse ao maldito pasatempo numérico abandonando os seus libros nun recuncho das súas casas. Tamén é notábel a penetración dos diarios gratuítos, pero alomenos estes ofrecen unha lectura, sexa de maior ou de menor calidade, e neles pódese ler a Javier Calvo ou a Jordi Costa.
A min o dos sudokus supérame. Non sei que saca un deles, agás estragar neuronas que co tempo botaremos en falta cando nos acheguemos a silandeira demencia senil. O dos encrucillados xa é outra cousa, neles aprendes vocabulario e se tes interese e acodes ao dicionario podes atopar un mundo de verbas. Eu recoñezo que aprendín máis castelán facendo aqueles lendarios encrucillados de Peko que en tódalas miñas clases de lingua e literatura.

segunda-feira, junho 12, 2006
A República dos blogueiros III
Os feitos semellan que van confirmando a miña teoría que botara a andar fai uns días. O rolda de blogueiros gañadores de certames segue con Jaureguizar que desta volta recunca gañando o premio xuvenil Fundación Caixagalicia e continua co gañador do Xerais, Ameixeiras, que ademais de blogueiro segundo o xurado e el mesmo nas súas declaracións emparenta a estrutura da súa novela cos blogues.
Mágoa dalgún que outro blogueiro finalista que quedou as portas. Quedan aínda moitos premios e a Xeración Blogueira segue a avanzar implacábel.
Mágoa dalgún que outro blogueiro finalista que quedou as portas. Quedan aínda moitos premios e a Xeración Blogueira segue a avanzar implacábel.
sexta-feira, junho 09, 2006
IX CONCURSO DE POESIA CONCELLO DE CARRAL
Un xurado composto por Ánxeles Penas, Xulio L. Valcarcel e por min acordou por unanimidade, dentro da grande calidade dos orixinais presentados, concederlle o IX Premio de Poesía do Concello de Carral ao poemario titulado “Ou morrerán as bolboretas por non teren quen as miren” presentado baixo o lema “Sudario de desacougos” e obra do escritor lugués ISIDRO NOVO.
quinta-feira, junho 08, 2006
O libro das desilusións
Ando estes días desacougado e coa testa coma unha gaiola ateigada de paxaros voando e batendo con forza no meu cranio. Agardo que a viaxe de esta tarde a Carral para as deliberacións do xurado do seu premio de poesía me sirva para volver ao rego da realidade. Esquecereime así das andrómenas e dos soños dunha vez por todas e volverei pousar os pés nos chan. Outra vez será.
Mañá falareivos do gañador ou gañadora.
Mañá falareivos do gañador ou gañadora.
terça-feira, junho 06, 2006
666
“A todos, grandes e pequenos, ricos e pobres, libres e servos, ponlles unha marca na man dereita ou na testa, e ninguén pode mercar ou vender, se non ten a marca, o nome da besta ou o número do seu nome.
Para isto fai falta a sabedoría: quen teña intelixencia, calcule o número da besta, que é número humano e o seu número é seiscentos sesenta e seis”.
A Apocalipse, capítulo 13, versículos 16 a 18.
Para isto fai falta a sabedoría: quen teña intelixencia, calcule o número da besta, que é número humano e o seu número é seiscentos sesenta e seis”.
A Apocalipse, capítulo 13, versículos 16 a 18.
segunda-feira, junho 05, 2006
Microondas
Co paso do tempo meu fillo que cumprirá seis anos este venres vaise decatando de que súa nai máis eu somos un chisco raros. A el encántanlle os flocos de millo e quéreos facer na casa pero dende fai anos no súper só os hai para un microondas que non temos e que xamais teremos, ante a súa insistencia probamos a facelos no forno ou nunha tixola pero non funcionou. El non entende porque non temos o maldito trebello pois nas casas de tódolos seus amigos o teñen e ademais a comida faise rapidísima nel e non hai que agardar, xa se sabe da impaciencia dun neno famento diante dun prato baleiro.
Despois de ler o outro día esta nova no CHUZA! e ver as fotos do experimento chego a conclusión de que non somos raros senón sinxelamente precavidos.
Despois de ler o outro día esta nova no CHUZA! e ver as fotos do experimento chego a conclusión de que non somos raros senón sinxelamente precavidos.
sexta-feira, junho 02, 2006
En picado
Malia que a miña clasificación no trebello ese do Tecnorati baixa día a día, o que me ten ben preocupado e que aínda non caera baixo as coiteladas de matachín desta vella lercha, tan desacougado estou que esta noite se me apareceu nun pesadelo.
Dende que Coyoacan quedou sen sitio para tanto amor e se internou nunha clínica para curar a súa lúbrica adicción non houbo chegada máis polémica ao blogomillo.
Dende que Coyoacan quedou sen sitio para tanto amor e se internou nunha clínica para curar a súa lúbrica adicción non houbo chegada máis polémica ao blogomillo.
quarta-feira, maio 31, 2006
A República dos blogueiros II
Á proposta de Jaureguizar vou tirarme do carro en marcha e teorizar un chisco, coma humilde lector, sobre ese andazo de blogueiros que se estende sobre os nosos premios de narrativa máis recentes.
Parto da base de que os xurados descoñecían a condición de blogueiros dos premiados e do feito de que non lin nin Os Mércores de Fra nin Spam, pero si Cabaret Voltaire e Licor de abelá con xeo.
Para min estas dúas obras sobrancean no recente panorama literario galego, tanto pola súa innovación temática como polos os seus achados estruturais. Parecen dúas obras máis próximas ao panorama narrativo actual, por unha banda a parodia e o pastiche dun xénero clásico coma a novela de espías e pola outra a escritura cinematográfica cunha montaxe simultánea e en paralelo de varias accións que conflúen nun desenlace común. Asemade os xurados de todos eses premios, incluídos os máis recentes coincidiron nas súas apreciacións sobre a as obras, innovación, ruptura, frescura.Poden parecer lugares comúns, pero non creo que sexa unha coincidencia, supoño que ten que ser síntoma de algo.
Isto, que parece en principio non ter relación ningunha co feito de que os seus autores sexan blogueiros si que o ten e moito, penso eu. O feito de escribir e ter unha canle diaria de comunicación aberta cos lectores aínda que non sexa estritamente sobre o traballo literario, penso que enriquece e abre as perspectivas, facendo saír ao autor do seu escritorio e abríndose a unha nova literacidade como diría Brétemas. Unha xustaposición de recursos procedentes dese rebumbio de xéneros e voces que habitan a rede e que mudan día a día. Penso que estamos, dentro das ecidentes diferenzas existentes entre os autores, ante o que poderiamos denominar Xeración Blogueira.
E déixoo xa que isto semella a lección maxistral dun profesor universitario ou unha paxarada miña.

terça-feira, maio 30, 2006
Preguntas
Que pensariamos se mañá o diario A Opinión da Coruña destacase na súa portada a nova de que unha banda viguesa anda a asaltar os chalés da súa vila?
Ou se o Faro de Vigo dixese que unha banda coruñesa é a responsábel dos asaltos as casas desta cidade?
Supoño que moitos dunha banda e outra da autoestrada nos alporizariamos, falariamos dos localismos de sempre, dunha rivalidade que non ten sentido.
Pois ben, se os asaltantes son romanos, albaneses ou kosovares o dato repítese ata extenuación nos telexornais, sen que ninguén se alporice, e os políticos coma un coro de traxedia grega únense a festa coas súas declaracións xenófobas. Coa reiteración e a continua repetición dunha nova puntual xérase unha innecesaria alarma social que dispara as audiencias televisivas, os sentimentos racistas e a venda de cámaras e sistemas de seguridade para as ben fornecidas facendas que eses paramilitares estranxeiros véñennos roubar.
Namentres, os caiucos seguen chegando as illas ateigados coa desesperanza duns homes e mulleres que renegan da súa patria, que agochan a súa orixe e a dos seus devanceiros para non seren repatriados de regreso ao inferno en que mudou a súa terra, e que ledos trocan polo insalubre aparcadoiro onde os amorean coma animais.

segunda-feira, maio 29, 2006
A República dos blogueiros
A rolda comezouna Jaureguizar gañando o García Barros o ano pasado, seguiu despois Veloso coma finalista do Lueiro Rei, que recuncou gañando o Risco de literatura fantástica e polo de agora púxolle o provisional broche Náufrago co Blanco Amor esta fin de semana. A república das nosas letras esta mudar nunha república de blogueiros e eu alégrome. Moitos parabéns a todos eles e que siga a racha.
quinta-feira, maio 25, 2006
Xurado
Teño dende fai uns días sobre a miña mesa os orixinais. Nos seus versos un feixe de poetas puxeron as súas máis fondas arelas, coma fixen eu xa fai máis dun ano. Sinto unha enorme responsabilidade, non me sinto capaz de xulgalos pero teño que facelo. Nunca pensei que estar da outra banda puidera ser tan complexo. Agardo acertar co meu veredicto
quarta-feira, maio 24, 2006
Proposición
A tempo de tentar a principal caída
despóxome da gloria e da semente da riqueza.
Na face destes días primitivos,
en posesión
da culpa divina
ou do misterio da Razón,
escribir con delicadeza
nunha caixa de Pandora
de delor.
Lois Pereiro
(Hoxe, e van alá dez anos dende a súa perda, eu coma Jaureguizar insisto tamén.)

terça-feira, maio 23, 2006
Brincadeiras
Os nomes dos xogos populares en Galiza son coma os dos peixes que sendo os mesmos varían dunha comarca a outra, dunha parroquia a outra. No meu post anterior eu citaba tres polos nomes que lles daba de nenos e que agora aclaro ante as vosas peticións, aínda que supoño que máis dun xogaría a eles algunha vez:
-A chopa, así lle chamabamos os rapaces de Baión, terra dos meus avós maternos, ao xogo que meu fillo chama a pita e outros chaman a queda ou a cola, un apanda é persigue aos compañeiros ata tocalos a todos, quedando na seguinte rolda o primeiro que foi pillado.
-O peltre, tamén chamado patefa, raia, peletre, chapa, tella, rodela ou mariola, xogo infantil que Cortazar inmortalizou para sempre na súa máis coñecida novela.
-O pincho, unha variedade do anterior que eu xogaba na EXB a carón da vella fábrica de Skol e a sombra da autoestrada, en vez de lanzarse unha tella ao encrucillado cravábase un pincho en cada casa, normalmente un desaparafusador.
Outro día falarei dos tutelos, do marro, do pano e dos partidos de béisbol, si de béisbol, que xogaba no campo da Torre en Vilagarcía.

segunda-feira, maio 22, 2006
Os tempos están mudando
O meu maior éxito cos nenos da escola do meu fillo a semana pasada foi mostrarlles como guindar unha buxaina. As mestras organizaron unha pequena exposición de xoguetes antigos aportados polas familias: moita madeira, folla de lata e bonecas sesenteiras. Dos corenta nenos da escola entre tres e seis anos ningún deles sabía como xogar con ela, algún nin vira unha xamais, e moito menos sabían enlear a piola. Eu fíxenlles unha demostración e algúns animáronse con máis pena que gloria, a pesares de que moitos son capaces de facer verdadeiras diabruras co mando ateigado de botóns dunha consola.
Mellor non falarlles do pincho, do peltre, das canicas, do ovopicoaraña, ou da chopa. Isto, compañeiro, é o declive dos xéneros clásicos.
Mellor non falarlles do pincho, do peltre, das canicas, do ovopicoaraña, ou da chopa. Isto, compañeiro, é o declive dos xéneros clásicos.
sexta-feira, maio 19, 2006
Cacharradas
O máis triste do acontecido onte na Deputación de Lugo, amais dos xeitos exhibicionistas do fachendoso fiscal, foi a actitude dos corporativistas funcionarios pola actuación policial á hora de deter aos seus compañeiros e esposalos, “nin que mataran a alguén” chegaron a comentar, e as manifestacións do seu alporizado presidente. Pero o máis grave é ler hoxe na prensa a tódolos opinadores e comentaristas resinados ante a evidencia e afirmando que o asunto era sabido e que non hai que botarse as mans a cabeza. Supoño que isto é un claro exemplo dixo que chaman normalidade democrática.
quinta-feira, maio 18, 2006
Só ante o perigo
A visita á escola do meu fillo o martes foi un desastre, ou a min pareceumo. Durante a miña arábiga disertación os corenta pícaros choraron, berraron chimparon e non me fixeron nin caso, ou a min pareceumo. Só cando lles mostrei coma escribían os árabes e abrín un pequeno estoxo cheo de especias e lle din a probar cúrcuma calmáronse un chisco.Ao remate, e como a música amansa as feras, probamos a bailar todos xuntos a danza do ventre ao ritmo da música que lles levara.
Hoxe namentres agardaba para recoller ao meu fillo achegáronse algúns país e ante o que me contaron quedei abraiado da capacidade dos nenos para quedar coas cousas no medio do rebumbio máis grande. Ao chegar ás súas casas algún teimou por escribir do revés como facían os árabes, outra remexeu nos botes das especias pois seica valían máis que o ouro, outro dixo que eu escribira moi mal o libro pois unha profe mo tiveran que corrixir e outra empeñouse en que lle mercaran aquela estraña música que oíra e coa que se bailaba ensinando o embigo.
Bendita infancia.

terça-feira, maio 16, 2006
DLG 2006
Non pensaba falar do día de mañá, un día morto, do que xa dixen o que tiña que dicir fai agora un ano. Namentres a RAG non mude os seus criterios, o día volva a ser lectivo e os periódicos da terra se comprometan e non cubran o expediente só cunha portada en galego (hai que ser miserento para cobrar 1€ polo libro que repartirá algún mañá despois dos moitos cartos chuchados en propaganda institucional e subvencións), non temos nada que celebrar, é un día estragado para as nosas letras .
Eu hoxe pasarei unhas horas cos nenos da escola de meu fillo, falareilles de Simbad, de Sari, de Cunqueiro, das mil e unha noites, de sultáns e princesas, das especias, fareino en galego e agardo que non se aburran moito e que algo prenda nas súas cabeciñas e devagar algún día agrome nas súas verbas. É o meu desexo e a esperanza de todos nós, pois neles fica o futuro da nosa lingua.

segunda-feira, maio 15, 2006
Pilar, hai que ler un pouquiño
“Os nenos teñen dereito a recibir o primeiro ensino na súa lingua materna. O Goberno Galego arbitrará as medidas necesarias para facer efectivo este dereito.
As Autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino.”
Artigo 13.1ºe 2º da Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística.

quinta-feira, maio 11, 2006
O camiño a seguir
Estou agradecido. Se alguén me di fai un ano cando estaba a piques de tirar a toalla que tería unha novela publicada e un libro de poemas no prelo non o crería. Non me podo queixar tampouco do que os editores chaman visibilidade. O meu Sari falou por min do Diario Cultural da RG, xa tivo unha crítica no Culturas da Voz e onte para a miña ledicia recomendárono no Libro Aberto da TVG. Tamén moitos coñecidos gabárono, o meu benquerido editor, Naufrago, Brétemas, Martin Pawley, Veloso, e a eles estoulles tamén moi agradecido.
Xamais pensei que as cousas serían así e agora recoñezo que teño certa vertixe, dubido cal é o seguinte paso a dar, non quero decepcionar a ninguén. Pésame a responsabilidade nas costas pois non sei se teño algo máis dentro que este á altura da súa confianza. Ás veces cando alguén me fala ou me pregunta por Sari, non sei que responder, agromou en min de socate e non sei dicir onde fica a súa orixe. Envexo a Suso de Toro que onte na presentación do seu Home sen nome, espiuse coma escritor para nós e contounos onde nacera a súa nova novela, léndonos anacos dos seus diarios dende aquela afastada anotación onde dous homes vellos, unha vítima é un verdugo, comparten unha habitación de hospital. El tivo unha idea, trazou un plan e levouno devagar á práctica. Eu aínda non teño nada.

quarta-feira, maio 10, 2006
Unha man amiga
“Necesito a man que sosteña o vaso, a man hábil que supla a miña man inútil, unha man que actúe segundo a miña vontade aínda libre...”
Jorge León Escudero(1953-2006)
Jorge León Escudero(1953-2006)
terça-feira, maio 09, 2006
Grant McLennan in memorian
Morreu este sábado en Brisbane un dos maiores ourives da música pop. Os seus versos e musicas lévanme acompañando máis de vinte anos coma un fiel e leal compañeiro de pupitre na escola da vida. Vaian estas verbas dunha das súas maiores alfaias coma pequena homenaxe.
Cattle and cane
I recall a schoolboy coming home
through fields of cane
to a house of tin and timber
and in the sky
a rain of falling cinders.
From time to time
the waste memory-wastes
I recall a boy in bigger pants
like everyone
just waiting for a change.
His father’s watch
he left it in the showers.
From time to time
the waste memory-wastes.
I recall a bigger brighter world
a world of books
and silent times in thought.
And then the railroad
The railroad takes him home
through fields of cattle
through fields of cane.
From time to time
the waste memory-wastes
the waste memory-wastes
further, longer higher, older.
Cattle and cane
I recall a schoolboy coming home
through fields of cane
to a house of tin and timber
and in the sky
a rain of falling cinders.
From time to time
the waste memory-wastes
I recall a boy in bigger pants
like everyone
just waiting for a change.
His father’s watch
he left it in the showers.
From time to time
the waste memory-wastes.
I recall a bigger brighter world
a world of books
and silent times in thought.
And then the railroad
The railroad takes him home
through fields of cattle
through fields of cane.
From time to time
the waste memory-wastes
the waste memory-wastes
further, longer higher, older.
sexta-feira, maio 05, 2006
O teu corpo é a miña nación
O domingo cumpres os corenta e diante do espello láiaste de que o teu corpo non é o que era.
Eu véxote coma sempre, o teu corpo é a esgrevia cartografía da nosas vidas. Cada cavorco, cada congostra, cada engurra desa xeografía deluvada polo devalar dos días reflicte as nosas pequenas epifanías e desgrazas, tódolos camiños destes delongados anos xuntos.
As fortes mans acariñando a ardentía do mar noitarego. O labiríntico embigo no que aniño. Os ollos cegados polo solpor dende aquelas torres hoxe extintas. As pequenas serpes que agatuñan polo ventre lene. Os ombreiros de loitadora sobre os que nos carrexas. A morna fragua das coxas. Os berros da gorxa nodosa cando botaches os fillos ao mundo. O sorriso cómplice cando me ves facer o parvo con eles. A voz crebada que os arrola, que nos rifa ou que nos di que nos quere. O oco vizoso onde as costas rematan...
Diante do espello eu véxote coma sempre, o teu corpo é a esgrevia cartografía das nosas vidas.

quinta-feira, maio 04, 2006
O libro abriuse
Despois de aturar ata a exasperación as mellores xogadas da xornada futbolística comezou por fin na alén da medianoite a programa de libros da TVG, estas foron as miñas impresións.
- Agardo que eses estantes do decorado ateigados de libros mortos non sexan metáfora ningunha. Tanto custaría enchelos de libros vivos?
- O formato é o de sempre, algunha innovación non estaría de máis, como sacar os libros a rúa ? Se se recomenda Casas Baratas porque non se pon ao crítico nun deses bloques que aínda quedan polas vilas do pais facendo o seu comentario?
- Darlle voz aos clubs de lectores é una magnifica achega.
- A nómina de críticos e excelente, en especial a atinada Laura Caveiro, chamándolle ao pan pan e ao viño viño.
- Penso que se lle da demasiado tempo as traducións, por moi relevantes que sexan para o noso sistema literario, os libros de nós necesitan máis espazo. Amais falar só das vertidas do inglés e o francés é demasiado limitado. Agardo que o alemán, o italiano ou o húngaro se sumen tamén nos próximos programas.
- Penso que debería engadirse unha sección fixa de poesía e de LIX cun crítico especializado.
-Romón estivo ben, quizabes semellaba un pouco nervioso con tanto sorriso, pero o seus comentarios e preguntas foron acertados.
-Como xa dixen o outro día a duración e o horario do programa seguen a parecerme unha vergoña.
De tódolos xeitos temos que estar moi ledos despois de tantos anos de seca. Agardemos que este libro fique xa aberto para sempre.

quarta-feira, maio 03, 2006
O dereito a folga ou a pancada na porta
O sector do metal está en folga para acadar un convenio colectivo despois de tan só un día de negociación e hoxe pola mañá cortaron a tráfico na cidade. A min pilláronme na rotonda da Calzada e malia explicarlles que en media hora tiña un xuízo no que defendía a un traballador nin sequera me deixaron dar a volta para procurar outro camiño e ademais gañei unha patada na porta do coche do chulo delegado sindical que dirixía o piquete informativo. Perante a indiferenza do policía local que se encolleu de ombreiros cando mirei cara el, renunciei a que o identificaran para denuncialo. Amais dun cento de condutores, no atasco ficaban tamén uns autobuses escolares ateigados de nenos sobreexcitados aos que tampouco deixou pasar. Namentres o pequerrecho tirano da pancada ría e comentaba cos demais o boa que estaba a loura que deixaran pasar no seu coche nos primeiros intres do corte, cando desapareceu os seus compañeiros achegáronse a min e pedíronme desculpas, compartimos uns cigarros e falamos.
Eu a ese milhomes vino moitas veces amparado no balbordo facendo das súas. Vino alporizando ao pelotón de linchamento ou paseando rojos na guerra civil ou agredindo a un detido á entrada de calquera xulgado. Ese home habita entre nós, camiña entre nós, toma ao café con nós, ese home é un covarde.

terça-feira, maio 02, 2006
Utopía
"Escribín tódolos días da miña vida dende fai oitenta anos. O segredo? Estar namorado de tódalas cousas. Nacín como amante, así vivín e morrerei. Hai que namorarse e ficar namorados. Non escoiten nada que non sexa o seu corazón e sigan ese camiño. Se alguén non cre en vostedes e no seu futuro, apárteno. Sexan intensos e apaixonados. Fagan iso e terán unha vida feliz."
(dito polo mestre Ray Bradbury fai uns días na feira do libro de Bos Aires)
(dito polo mestre Ray Bradbury fai uns días na feira do libro de Bos Aires)
segunda-feira, maio 01, 2006
Recital
Andei estes días relendo a poesía de Cunqueiro para escoller algúns versos que recitar na homenaxe poética que se celebrará hoxe día 2 de maio as 8 do serán na Casa do Libro de Vigo e ao que me convidou amablemente Francisco Castro con quen compartirei o estrado xunta con Cesar Cunqueiro e Antonio García teixeiro.
A faceta lírica do de Mondoñedo anda un pouco esquecida, asoballada pola forza máxica da súa narrativa, polo que penso que hai que reivindicala, máis cando o seu estro acada cumios coma este.
Na outra banda
Na outra banda dixéronme
os vellos vanse convertindo en arbres
vellos tamén sin follas na cara do sol
agardando sin saber o qué
mudos.
Pro súpetamente un arbre calisquer
sinte rubir dentro del a seiva dun soño
beira da morte xa pro aínda
morno como o leite da nai.
O soño vai rubindo polas veas do arbre
unha vida enteira que pasa
ata facerse paxaro nunha ponla
un paxaro que recorda canta e vaise
denantes de que todos os arbres morran.
Si eu me fago arbre vello na outra banda do río
e me toca ser arbre que recorda e soña
ben segura podes estar de que soñarei contigo
cos teus ollos grises como a alba
e coa túa sorrisa
coa que se vestiron os beizos das roseiras
nos días máis felices.
(de Herba aquí ou acolá)

quinta-feira, abril 27, 2006
27 de abril de 1986
O nordés zoa lixeiro pousando no branco vestido de encaixe pequenas folerpas cinsentas. Sentada nos chanzos da escaleira, a noiva non comprende o que pasa. Os paxaros abandonaron as arbores floridas e as augas do Pripiat denantes rebuldeiras baixan agora lentas e caladas. A igrexa fica baleira, a maioría dos homes convidados foron chamados con urxencia por mor do incendio e as súas familias pecháronse nas súas casas coas fiestras e as portas fechadas.
Ela levaba moitos anos esperando este día, a pesares do longo noivado ata que a Yuri o contrataron na central e lle concederon unha vivenda para traballadores non se comprometeron e puxeron data para a súa voda. O que debería ser o seu día máis feliz mudou nunha xornada triste e silandeira. A troula e a ledicia deixaron paso a soidade e a esa brétema cinsenta que todo o asolaga.
Esfrega entre os seus dedos un deses aruxos grises que trae o vento e que se esvaece sobre a súa pel dourada. Inocente, coma unha nena larpeira lévase o dedo a boca e chúchao saboreando o gosto acre da morte no seu padal. Ergue a cabeza cara o sur, olla o fume do incendio e pensa en Yuri, no que estará facendo agora na central. É primavera e nos ollos verdes de Olga poñese o sol para sempre.

Aulas en galego
Ainda que só é un pequeno paso, para min coma pai e galego falante esta é a nova do ano. Agardo que o que non puiden facer co meu fillo o consiga coa miña filla de dous anos.
quarta-feira, abril 26, 2006
Información ?
terça-feira, abril 25, 2006
Marcos e cravos
Fai unhas semanas e despois de trinta mil verbas púxenlle o punto final a novela na que levo enguedellado os últimos seis meses dunha forma case obsesiva. A documentación case me afoga e o seu protagonista converteuse nun membro máis da familia: meu fillo cando me vía acotío co fociño nos papeis preguntábame por el con nome e apelidos e ata me facía chanzas. Supoño que ese é un dos segredos dos libros e da literatura, crebar a delgada liña entre realidade e ficción.
Teño que recoñecer que estou contento de como quedou aínda que a miña particular lectora e un benquerido amigo cualificárona como mesta e dixéronme que tiña que respirar un pouco. Supoño que ese é tamén outro dos segredos dos libros e da literatura, comportarse ás veces coma seres vivos.
Seguindo os seus sabios consellos metereina nun caixón e agardarei un tempo a que respire fondamente para retomala despois e tentar darlle unha volta máis.
Así que, despois de seis meses e trinta e mil verbas, tan só puxen un punto e seguido.

segunda-feira, abril 24, 2006
A rúa é dela
A negativa por parte do Concello de Vigo de autorizar a instalación dunha carpa na Rúa do Príncipe co gallo do Día Mundial do Libro revela a concepción que do espazo público e cidadán ten a frustrada decoradora de interiores que nos malgoberna. As rúas están ben para poñer mesas petitorias das nobres damas da cidade para a loita contra as máis diversas enfermidades ou para que as asociacións de discapacitados vendan os seus produtos ou para enchelas de flores aínda que non haxa beirarrúas, pero non para a cultura e os libros, sobre todo se están en galego.
A alcaldesa revelase así coma unha perfecta e caritativa dama da sección feminina, só falta que organice unha campaña para sentar un pobre á mesa de tódolos viguesas polo Nadal.
(O asunto xa foi tratado amplamente por Brétemas, pero non me puiden resistir)

domingo, abril 23, 2006
No día do libro
Estes son os tres pasos que tedes que seguir:
1º Pensa nun neno, non valen os propios nin os dos familiares, a filla dunha amigo ou dunha veciña ou ese neno descoñecido que ves coma tódolos días colle o bus adurmiñado.
2º Acude despois a librería, non valen grandes superficies nin almacéns senón unha de verdade, e mércalle un libro de LIX.
3º Entrégallo como agasallo a próxima vez que o vexas. Nada hai máis pracenteiro que dar sabedoría, aventura, coñecemento e fantasía.
Animádevos e que as metáforas agromen nos cuartos das nenas e dos nenos.

quinta-feira, abril 20, 2006
terça-feira, abril 18, 2006
Nova TVG II
Despois de repetir ata extenuación os domingos e durante horas os marcadores, goles, penaltis e faltas da xornada futbolística, a dirección da nova TVG? tivo a ben programar por fin -iso, si con nocturnidade e aleivosía- o espazo adicado aos nosos libros as 00.30 e cunha duración de, pásmense, 30 minutos.
É dicir, que a dirección da nova TVG? adicaralle aos libros escritos na lingua de nós a metade do tempo semanal que lle presta aos espazos relixiosos, A Sentinela 30 minutos e Nacer de Novo outros 30- hoxe adicado ao abraiante tema da resurrección-, e moitísimo menos que os 50 minutos da santísima misa dun goberno presuntamente aconfesional.
Sen prexulgar o seu breve contido, que pode ser excepcional, case dan gañas de pechar o Libro Aberto.
(Mañá andarei por SDC no Enblogs 06, falamos o xoves)

segunda-feira, abril 17, 2006
Nova TVG ?
Despois duns meses de andaina dos novos programas da nosa televisión pública síntome fondamente decepcionado. Unha breve ollada a algúns deles coma exemplo.
O Comando Zapping semella un cemiterio de elefantes onde sen ningunha graza imitase calquera programa das cadeas estatais, cumpría ollar máis cara nós e a nosa realidade. Pensar no Vaya Semanita da ETB e as súas tomas falsas do comunicado de tregua dos encarrapuchados e a punta que se lle podería sacar ao noso monstruoso BBB (binomio bicéfalo bifronte) en troques de ver a Manquiña-Arguiñano é motivo suficiente para chorar.
O de Miraxes, non deixa de ser o reflexo de que a cultura como xa dixen e o irmán pequeno, orfo e apadumado de calquera goberno. A elección dos seus contidos e moi discutíbel. Gran parte do escaso tempo do noso único programa cultural adícase a promover o último blockbuster de Hollywood, ou un vídeo de Eminem, ou a entrevistar, nese afán chovinista que tanto nos caracteriza, as novidades editoriais en castelán da nena de Foz ou da Maltesa. A presenza do libro galego e dos seus autores foi ata o de agora anecdótica, algunha puntual entrevista e a exhibición fugaz dalgunha cuberta que recomenda o modelno presentador nos intres finais do programa, pero con ausencia total de crítica, non así no caso do teatro ou da arte. O dos poetas lendo algúns dos seus versos esta ben pero bótase en falta que se de unha recensión bibliográfica da súa obra para aquel televidente interesado.
No debate dos luns, con independencia da oportunidade ou interese do tema, a imaxe e semellanza dos das cadeas estatais existe demasiada presenza dos políticos e dos seus acólitos, e metidos todos nas súas trincheiras ideolóxicas as súas pullas monopolizan a conversa en detrimento da análise rigorosa do tema debatido.
O programa de Barreiro e como ir ver aos vellos ao casino esbardallar sobre uns tempos que non son os seus e que non comprenden nin tratan de comprender, o finado do meu avó, que en paz descanse, era moito máis tolerante ca eles e tiña moitos menos prexuízos, o programa adicado ao botellón foi claro exemplo do que digo -só a periodista da Voz puxo algo de cordura-. Outras veces falan de cousas que pare eles na súa decimonónica concepción da existencia teñen gran relevancia pero que a maioría dos espectadores tráennos sen coidado, este xoves falaron dos candente tema dos marabillosos pasos e imaxes da madrugá e do fervor relixioso sevillano.
O concursiño do mediodía das cifras e das letras non merece nin sequera un comentario crítico.
Seguimos ademais sen un programa adicado ao libro galego ou a nosa lingua e namentres as dúas cabezas do monstruoso BBB dándose trabadas afoutadas polos seus correlixionarios.
En fin unha total decepción e unha magoa.

terça-feira, abril 11, 2006
O que hai que ler !
Dise hoxe no diario independente da mañá: “O perigo de accidente dun epiléptico é semellante ao dunha muller coa menstruación”. Eu engadiría, ou ao dun home cunha incómoda erección, por exemplo.
(Na sección o Mirador das súas páxinas de opinión din tamén: "Ningún dos tres candidatos, o indixenista Ollanta Humala, a señora da súa casa pero solteira, Lourdes Flores..." )
(Na sección o Mirador das súas páxinas de opinión din tamén: "Ningún dos tres candidatos, o indixenista Ollanta Humala, a señora da súa casa pero solteira, Lourdes Flores..." )
sexta-feira, abril 07, 2006
Semana Santa
Supoño que coma fieis devotos do fillo do carpinteiro que todos sodes, estaredes preparando as corozas e os hábitos para estes días de paixón e recollemento. Eu traballo o xoves e o venres así que non poderei acompañarvos nese doloroso vieiro que leva ao Gólgota, de tódolos xeitos se rematades ese día na comisaría terei o gusto de prestarvos a miña asistencia xurídica de balde por cortesía da Consellería de Xustiza. Coidádevos e non vos excedades coa penitencia.
quarta-feira, abril 05, 2006
Os libros arden mal e as linguas consúmense
É sintomático que a canle empregada para dar a coñecer ao gran público un capítulo da agardada e case lendaria novela sexa un periódico nacional e nunha tradución ao castelán (sei que houbo outros adiantos en galego pero dende logo sen a transcendencia a repercusión mediática deste).
É sintomático tamén que nos premios Rúa Nova que se veñen de fallar – e senón oín mal a nova no Diario Cultural – un só orixinal dos presentados estiveses en galego, texto ao que o xurado lle outorgou unha mención, supoño que para dar azos a único membro da nosa nova xeración de escritoras.
Os estudios e as enquisas publicados fai uns días dirán o queiran, pero ante estes dous feitos en principio inconexos é evidente que a doenza comeza a ser irreversíbel.

segunda-feira, abril 03, 2006
Natureza
Onte pasamos a tarde na carballeira cos nenos xogando e rubindo ás árbores. Ao chegar a casa meu fillo non ceou e pasou case toda a noite en vela, inquedo e coa respiración axitada. Hoxe pola mañá cedo, levámolo de urxencia á súa pediatra dadas as súas dificultades respiratorias, na consulta calmouse cando lle puxeron osíxeno. Diagnóstico: crise asmática, cita para o alergólogo, inhaladores e tres días de repouso.
Dos meus tempos de colexio lembro a un só neno con inhalador, feito que hoxe está a orde do día en calquera escola deste país. Penso que con tanta hixiene, asfalto, limpeza e formigón estase conformando a unha xeración de alérxicos, especialmente ás manifestacións da natureza que nos abrangue, da que cada vez nos afastamos máis en tódolos sensos. Bébese leite que non é leite, comese carne ateigada de antibióticos e comemos peixe que nin se mergullou no mar.
A nosa especie vai camiño dunha morna burbulla aséptica que a abeire de calquera contacto externo. Tempo ao tempo.

quinta-feira, março 30, 2006
Lirios
Por mor desa novela que me quita o sono dende fai meses e me vai quitar a saúde, levo varias semanas mergullado na lectura da magnifica tradución ao galego da historia máis grande xamais contada. Libro que calquera ateo que se prece debería ler alomenos unha vez na súa vida de pecador. Vaian estas verbas dun dos seus libros máis fermosos coma exemplo.
- Eu son o narciso do Xarón,
unha azucena das valgadas.
- Coma lirio de entre os toxos
tal é a miña amada entre as rapazas.
- Coma a maceira entre as árbores da fraga
tal é o meu amigo entre os mozos.
Á súa sombra devezo por me sentar
pois é doce o seu froito ó meu padal.
quinta-feira, março 23, 2006
A vida ben podería ser...
...o tránsito dunha arbore a outra.
Da camelia baixo a que miña nai me aleitaba á nespereira do eido dos meus avós, pola que tódolos nenos da casa vertemos bágoas a tarde na que a cortaron.
Daquel fatoeiro que adozaba cos seus gorentosos froitos vermellos os afastados estíos da infancia, á enguedella figueira á beira da estrada que foi castelo, selva vizosa e illa deserta da mocidade.
Do carballo, onde a súa sombra aquela nena de nome esquecido chuchou por primeira vez dos meus beizos; a aquel plataneiro, muda testemuña das nosas verbas, aloumiños e apertas
Desa maceira seca na que pendura meu fillo e abanea miña filla na súa carriola; ao pé do derradeiro sabugueiro, onde repouse e podreza a miña carne feble e o meu cerne enchoupe a terra vizosa, para que despois ruba polo seu tronco e chegue as súas pólas e de socate estoure o máxico día do equinoccio nunha primavera de flores.
A vida ben podería ser o tránsito dunha arbore a outra.
(Gustaríame que me falásedes dunha árbore, real non imaxinada, onde na súa tona quedase algunha pegada das vosas vidas. Animádevos e entre todos conformaremos a nosa propia fraga )

terça-feira, março 21, 2006
sexta-feira, março 17, 2006
Leoas e leóns
O comentario do disfrace da vicepresidenta vindo do tipo que ven non debería alporizar tanto, o penoso foi ler a algunha articulista da prensa galega facendo chanza das súas katiuskas e a algún falando dos seus descubertos cadrís.
A linguaxe é unha arma poderosa e por iso pasamos anos aprendendo a usala, eu aínda sigo. Aborrezo toda esa parvada da corrección política pero ás veces cando falamos non está de máis pensar no que temos ao noso carón.
O outro día na escola meu fillo ao rematar a súa ficha exclamou que traballará coma un negro, a súa mestra recriminoulle o comentario, non por nada, senón porque ten un compañeira desa cor que podía sentirse ofendida, e díxolle que o podería mudar por traballar coma un león. Meu fillo negouse e díxolle que o león era un lacazán que botaba todo o día a durmir que mellor ser leoa que era a que traballaba cazando na sabana e coidando da familia.
Pois iso, que a vida está chea de leoas e leóns que ata un neno de cinco anos e quen de distinguir.

Subscrever:
Mensagens (Atom)